Yo-Yo Ma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYo-Yo Ma

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Estados Unidos de América
República da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
CRD Claude-Debussy de Saint-Germain-en-Laye (en) Traducir
Harvard College
Universidade de Columbia
Escola Juilliard
Trinity School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista , compositor , músico , profesor de música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVioloncello, violín, piano e Viola Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Classical
Columbia Records
RCA Records Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNicholas Ma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsYeou-Cheng Ma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0530901 Allocine: 109650 Allmovie: p44082 TV.com: people/yo-yo-ma
Facebook: YoYoMa Twitter: YoYo_Ma MySpace: yoyoma Youtube: UCHWa5v6bbSxpns7mUfC3e5g Spotify: 5Dl3HXZjG6ZOWT5cV375lk iTunes: 275557 Last fm: Yo-Yo+Ma Musicbrainz: 62fe877d-b7a5-43e8-952e-2610d7614bff Songkick: 147314 Discogs: 276145 Allmusic: mn0000962133 WikiTree: Ma-53 Deezer: 58960 Genius: Yoyo-ma Editar o valor em Wikidata

Yo-Yo Ma (en chinés tradicional: 馬友友; en chinés simplificado: 马友友; en pinyin: Mǎ Yǒuyǒu), nado en París (Francia) o 7 de decembro de 1955, é un violonchelista chinés-estadounidense. Ten gañado numerosos premios e distincións (entre eles varios Grammy), tamén gravou numerosos discos e ten actuado nos teatros e óperas máis importantes do mundo. É considerado un dos mellores violonchelistas do mundo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Yo-Yo Ma naceu en París en 1955, fillo de pais de orixe chinesa, aos 4 anos de idade estudou violín e viola antes de aprender violonchelo. Comezou a sobresaír no mundo da música dende unha idade moi temperá, comezando a tocar en público aos cinco anos e ofrecendo o seu primeiro recital aos 6 anos na Universidade de París.

En 1962 a súa familia trasladouse a Nova York, onde viviu a meirande parte dos seus anos de formación. Aos oito anos apareceu na televisión estadounidense nun concerto dirixido por Leonard Bernstein. Aos quince anos graduouse na escola secundaria e xa actuouu como solista coa Harvard Radcliffe Orchestra.

Yo-Yo Ma estudou na Juilliard School of Music con Leonard Rose antes de entrar na Universidade Harvard.

Obtivo un gran recoñecemento e popularidade e estivo de xira con moitas das principais orquestras do mundo. As súas gravacións das Suites para Violonchelo de Johann Sebastian Bach foron especialmente aclamadas. Tamén ten tocado música de cámara en numerosas ocasións acompañado polo pianista Emanuel Ax, con quen mantén unha boa amizade dende que se coñeceron na Juilliard.

Silecenciouse durante a súa estadía en Harvard en 1976, universidade que lle fixo merecedor dun doutoramento honorífico en 1991. En 1977 fixo o seu debut no Reino Unido ao tocar no Festival de Brighton e en Londres coa Royal Philarmonic, e en 1978 debutou en The Proms e foi galardoado co Avery Fisher Prize.

Carreira recente[editar | editar a fonte]

O 7 de xullo de 1994, estreou o Concerto para violonchelo e orquestra de John Williams, baixo a súa dirección e acompañado pola Boston Symphony Orchestra. O concerto foi escrito especialmente para el, como suxeriu Seiji Ozawa.

En 1997 Yo-Yo Ma tocou o concerto para violonchelo de Edward Elgar coa Chicago Symphony Orchestra baixo a dirección de Daniel Barenboim.

Yo-Yo Ma traballa actualmente no Silk Road Project, unha iniciativa do propio Ma que comezou en 1998 e cuxo principal obxectivo é vencellar as artes de Occidente e Oriente reuniendo artistas e público de todo o mundo, e co que brindou a posibilidade de desenvolvemento e estudo a todas as clases sociais no marco das ideas e tradicións das diferentes culturas que abranguen a Ruta da Seda.

O 20 de xaneiro do 2009 participou na investidura de Barack Obama, interpretando xunto aos músicos Itzhak Perlman, Gabriela Montero e Anthony McGill a obra Air and Simple Gifts, unha composición do músico John Williams.

Estilo[editar | editar a fonte]

Yo-Yo Ma ten un repertorio máis ecléctico que o típico dos intérpretes de música clásica. Ademais das numerosas gravacións da norma do repertorio clásico, tamén gravou obras barrocas; bluegrass estadounidense; melodías tradicionais chinesas; obras de Astor Piazzolla, así como obras de Philip Glass. Tamén traballou en varias bandas sonoras de películas, como Tigre e Dragón (Wo hu cang long) ou Memorias dunha geisha.

Instrumentos[editar | editar a fonte]

O primeiro instrumento de Ma foi un violonchelo feito en Venecia contra 1733 polo luthier italiano Doménico Montagnana. Yo-Yo Ma perdeu este violonchelo de máis de douscentos setenta anos (que el chamaba Petunia) esquecido nun taxi, unha noite en Nova York, aínda que máis tarde o recuperou intacto.

Outro dos violonchelos que emprega Yo-Yo Ma é un Stradivarius de 1712, que pertenceu a Karl Davydov e posteriormente a Jacqueline du Pré.

Tamén posúe un violonchelo feito en fibra de carbono, da compañía de Luis & Clark (Boston).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]