Yes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yes logo.svg
Yes concert.jpg
Orixe Londres, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1968-1980
1983-2004
Xénero(s) rock progresivo, rock psicodélico
Membros Jon Anderson
Chris Squire
Steve Howe
Rick Wakeman
Alan White
Na rede
Yesworld

Yes, unha das bandas pioneiras do rock progresivo, formada en 1968. Influídos nos seus inicios por bandas precursoras do rock máis experimental como The Beatles, The Who e The Moody Blues; máis o estilo melódico Everly Brothers; e os multifaceticos Crosby, Stills Nash (and Young). Rapidamente evolucionarían a un estilo propio, caracterizado por complexas e recargadas harmonías, tomando diversos elementos do jazz, da música clásica, xunto coas súas melódicas cancións e un enigmático contido onírico e poético.

Máis duros e menos dramáticos que Genesis e menos electrónicos que os entón psicodélicos Pink Floyd, o rock de Yes marcaría a historia de tales clásicos como "Fragile", "Close To The Edge" e "Tales From Tophographic Oceans". ademais de estar escrita na súa historia a participación Rick Wakeman e Patrick Moraz en teclados.

Discografía[editar | editar a fonte]