Yelko Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Yelko Pino Caride»)
Yelko Pino
Información persoal
Nome Yelko Pino Caride
Nacemento 30 de outubro de 1996 (27 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,72 m
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Pontevedra
Número 10
Carreira xuvenil
2011–2013 Celta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Celta B 47 (1)
2015–2016 Celta 0 (0)
2016Q.P.R. (cedido) 0 (0)
2016–2018 Lugo 15 (1)
2017–2018Cultural Leonesa (cedido) 3 (0)
2018–2019Ponferradina (cedido) 6 (0)
2019–2020 Atlético Baleares (cedido) 11 (0)
2020–2021 Algeciras 16 (0)
2021– Pontevedra 35 (3)
Selección nacional
2012 España sub-16 5 (0)
2012 España sub-17 4 (1)
2014 España sub-18 2 (0)
2013–2014 España sub-19 8 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de outubro de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Yelko Pino Caride, nado o 30 de outubro de 1996 en Vigo, é un futbolista galego que xoga como mediapunta no Pontevedra, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, Yelko Pino é un dos membros da xeración de xuvenís do Celta de Vigo que alcanzou a final da Copa de Campións celebrada na cidade olívica en 2013. Na posición de mediapunta, destacou como un dos piares do equipo dirixido por David de Dios, a pesar de ser un ou dous anos menor que a maioría dos seus compañeiros. Posteriormente subiu ao filial celeste, estreandose na Segunda División B con tan só 16 anos. No seu primeiro ano disputou un total de 32 partidos, 24 deles como titular, marcando un gol na penúltima xornada, cando o descenso do filial a Terceira era xa unha realidade.

A continuación estreouse co primeiro equipo, con Paco Herrera como adestrador, nun amigábel no Estadio de Balaídos ante o Club Deportivo Lugo. A súa proxección fixo que renovase o seu contrato co Celta en 2013 por cinco tempadas, rexeitando ofertas do FC Barcelona e do FC Porto.[1] En troques, o club estipulou no seu contrato que a partir do verán de 2015 sería membro do primeiro equipo. Con todo, a dirección deportiva do Celta decidiu que o rapaz permanecese no Celta B, feito que contrastaba coa cláusula do seu contrato.

En setembro de 2015, despois do peche do mercado de estival, o Celta asegurou que chegara a un acordo co Swindon Town para cedelo a este equipo. Con todo, o club da League One non puido inscribilo nese momento. En xaneiro de 2016, Pino saíu do Celta rumbo ao Queens Park Rangers da Championship,[2] ao que chegou cedido até final de tempada. Alí xogou co equipo sub-21, non chegando a disputar partidos oficiais co primeiro equipo.

Tras regresar de terras inglesas, o xogador asinou libre polo Lugo da Segunda División, cun contrato de tres temporadas.[3] Debutou co equipo de Luis César na segunda xornada de liga, contra o Zaragoza no Anxo Carro,[4] e disputou un total de 16 partidos durante a campaña, marcando un gol nunha vitoria por 1-0 contra o Reus.[5] Na tempada 2017/18 saíu cedido á Cultural Leonesa, equipo de Segunda adestrado polo galego Rubén de la Barrera, onde xogou só 83 minutos en liga ata que o seu contrato foi rescindido en xaneiro de 2018, despois de que vise a luz un vídeo no que insultaba ao club.[6][7] Xogou o resto da tempada cedido no máximo rival dos leoneses, a Ponferradina, da Segunda B.

En agosto de 2018 fichou polo Atlético Baleares, tamén de Segunda B.[8] Apenas contou con minutos, disputando só seis partidos como titular nunha tempada na que o club de Palma acabou como campión do seu grupo, pero non logrou o ascenso. Na seguinte campaña xogou no Algeciras, da mesma categoría, onde xogou só cinco partidos como titular.[9]

Para a tempada 2021/22 asinou co Pontevedra, da Segunda División RFEF.[10] Titular en case todos os partidos, logrou co equipo pontevedrés o ascenso á Primeira División RFEF.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
Celta B Segunda B 2013−2014 32 1
Celta B Segunda B 2014−2015 15 2
Celta Primeira 2015−2016 0 0
Queens Park Rangers Championship 2015−2016 0 0
Lugo Segunda 2016−2017 15 1
Cultural Leonesa Segunda 2017−2018 3 0
Ponferradina Segunda B 2018−2019 6 0
Atlético Baleares Segunda B 2019−2020 11 0
Algeciras Segunda B 2020−2021 16 0
Pontevedra Segunda B 2021−2022 13 2

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético Baleares
Pontevedra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Novo impulso á canteira: Yelko Pino, celeste as próximas cinco tempadas". Celta de Vigo. 22 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016.  Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
  2. "Yelko Pino se pone a las órdenes de Jimmy Floyd Hasselbaink". Vigo É (en castelán). 2 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016.  Arquivado 13 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
  3. "Yelko Pino xogará no Lugo tras o seu final polémico no Celta". CRTVG. 14 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  4. "Pino: "La reacción ante el Zaragoza fue muy buena"" (en castelán). 28 de agosto de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  5. "Yelko Pino frena al Reus en Lugo". Diario Sport (en castelán). 7 de setembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  6. "La Leonesa rechaza palabras de Yelko Pino que tiene horas contadas en el club". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  7. "La Cultural Leonesa rescinde el contrato de Yelko Pino". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  8. "El Atlético Baleares anuncia el fichaje de Yelko Pino" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  9. "Yelko Pino y una misión: reivindicarse en el Algeciras" (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  10. "O Pontevedra reforza o seu centro do campo coa fichaxe de Yelko Pino". Pontevedra Viva. 6 de setembro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]