Yaphet Kotto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yaphet Kotto
Leif Erickson Yaphet Kotto The High Chaparral 1968.JPG
Nacemento Yaphet Frederick Kotto
15 de decembro de 1937
New York City, Nova York, EUA
Profesión Actor
Ficha na IMDb

Yaphet Frederick Kotto (nado en 1937 en Nova York) é un actor estadounidense, fillo dun xudeu camerunés.

Kotto comezou a actuar en Broadway, onde apareceu en The Great White Hope, entre outras obras. En 1963 comezou a interpretar pequenos papeis en filmes, e en 1964 tivo o seu primeiro papel importante en Nothing But a Man. Kotto interpretou o papel de Mr. Big en Live and Let Die e tamén actuou en Alien. Interpretou o papel do tenente Al Giardello na serie de televisión Homicide: Life on the Street.

Kotto apoiou a Steve Forbes na súa campaña para ser nominado candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos.

Filmografía[editar | editar a fonte]