Yao
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Yao na prefectura de Ōsaka | |||
| Localización da prefectura de Ōsaka no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kinki | ||
| Prefectura | Prefectura de Ōsaka | ||
| Superficie | 41,71 km2 | ||
| Poboación | 271.460 (2009) | ||
| Densidade | 6.510 h/km² | ||
| Alcalde | Seita Tanaka | ||
Yao (八尾市, やおし, Yao-shi) é un concello da prefectura de Ōsaka no Xapón. Está situada ao leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Kawachi, ao centro da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshū. Ten 41,71 km² de superficie e unha poboación de 271.460 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 6.510 h/km².
O concello de Yao limita cos concellos de Kashiwara, Fujiidera, Matsubara, Ōsaka, Higashiōsaka (son da prefectura de Ōsaka); Heguri e Sangō (son da prefectura de Nara).