Yangoor (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yangoor
Ariel - surface features.jpg
Imaxe de Ariel feita pola Voyager 2. O cráter Yangoor pode ser visto na parte esquerda do centro da imaxe.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Ariel
Diámetro 78 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 68,7° S 279,7° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome espírito da mitoloxía aborixe australiana que está encargado de trae-lo día.[1]


Yangoor é o cráter máis grande do que se ten coñecemento na lúa de Saturno, Ariel. O nome procede da mitoloxía aborixe australiana, este espírito está encargado de trae-lo día.[1] Ten preto dos 80 km de diámetro e está situado aproximadamente a uns 450 km do polo sur de Ariel. A parte noroeste do cráter foi borrada pola formación dun terreo cheo de cristas.[2] O cráter carece de depósitos brillantes de material e foi fotografado por primeira vez pola sonda Voyager 2 en xaneiro do ano 1986.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Crater, craters: Yangoor on Ariel". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/6638?__fsk=72752093. Consultado o 13-11-2011. 
  2. Plescia, J. B. (1987). ""Geological terrains and crater frequencies on Ariel".". Nature 327 (6119): 201.. Bibcode 1987Natur.327..201P. DOI:10.1038/327201a0. 
  3. Smith, B. A.; Soderblom, L. A. et al. (1986). ""Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results".". Science 233 (4759): 97–102.. Bibcode 1986Sci...233...43S. DOI:10.1126/science.233.4759.43. PMID 17812889. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]