Yan Frenkel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yan Frenkel
Nacemento21 de novembro de 1920
Lugar de nacementoKíiv
Falecemento25 de agosto de 1989
Lugar de falecementoRiga
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterPetro Tchaikovsky National Music Academy of Ukraine
Ocupaciónactor, compositor, compositor de bandas sonoras, cantante e pianista
PremiosPremio Estatal da URSS, Artista do Povo da URSS, Orde da Amizade dos Pobos, People's Artist of the RSFSR e Honored art worker of the Russian Soviet Federative Socialist Republic
Na rede
http://yanfrenkel.jimdo.com/
IMDB: nm0294279 Spotify: 3hlRvW0AHVdHgXryjg4FJS Musicbrainz: 9512750d-5da8-4891-96db-9deb9d421714 Discogs: 805587 Find a Grave: 100779261 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Yan Abramovich Frenkel (en ruso Ян Абрамович Френкель), nado en Kíiv o 21 de novembro de 1920 e finado en Riga o 25 de agosto de 1989, foi un compositor e intérprete soviético de orixe xudía.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Frenkel aprendeulle a tocar o violin seu pai, e máis tarde estudouno no Conservatorio de Kíiv con Iakob Magaziner. Durante a segunda guerra mundial marchou evacuado a Orenburg, onde estudou na Orenburg Zenitnoe Uchilishche e tocou o violín na orquestra do cinema Avrora. Despois da guerra viviu en Moscova, onde escribiu arranxos orquestrais e tocou o violín en varios restaurantes da cidade.

Comezou a compoñer cancións na década de 1960, a primeira foi Gody ('Os anos'), con letra de Mark Lisianski. Durante a súa carreira traballou en colaboración con moitos recoñecidos músicos soviéticos, entre eles Mikhael Tanich, Igor Shaferan, Konstantin Vanshenkin e Inna Goff. Grazas a Mark Bernes e a súa canción Zhuravli (con letra de Rasul Gamzatov) fíxose coñecido e Frenkel deu concertos interpretando a súa propia música, e as súas cancións pasaron ao repertorio de moitos intérpretes soviéticos. Tamén apareceu no filme Neulovimye mstiteli, para a que compuxo a música.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jack Miller Jews in Soviet Culture:Transaction Publishers, 1984, p. 79