Yakamik
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O yakamik é unha ave sudamericana que comprende varias especies do xénero Psophia , a máis coñecida é a denominada polos zoólogos Psophia crepitans ou agamí. Ás veces é domesticada polos indíxenas de Venezuela e das Güianas e é coidada coas outras aves de curral. Reciben ese nome polo seu berro enxordecedor. É una ave grande con pico longo e forte.
Curiosidades [editar]
É o único paxaro que fai o servizo de pegureiro pois úsase para coidar das galiñas, parrulos, do gando ovino ou similar. O yakamik é un verdadeiro páxaro pastor. Leva os rabaños os pastos, gárdaos contra calquera ataque doutros animais, mantenos xuntos e ó serán condúceos de novo á casa polo camiño máis recto. Ó parecer esta ave é tan garimosa como fiel. Cando ve ó seu amo ponse contentísima, facendo evolucións raras ó seu redor.