Yago Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYago Méndez
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Yago Méndez Pascual, nado na Coruña en 1973, é un empresario galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do empresario e banqueiro José Luis Méndez López, desenvolveu a súa traxectoria empresarial inicialmente á sombra do pai. Foi nomeado por el director de empresas de Caixa Galicia, onde o pai era director xeral, e posteriormente da inmobiliaria Astroc, con sede na Comunidade Valenciana. En representación dos intereses de Caixa Galicia foi nomeado conselleiro en Pescanova en 2006. Coa crise económica de 2008, José Luis Méndez foi apartado de postos nas novas entidades e canda el foron destituídos tamén os seus dous fillos, Yago e José Luis Méndez Pascual. Porén, Yago Méndez revalidou en 2011 o seu posto de conselleiro en Pescanova. En 2013 foi nomeado conselleiro da firma Amper.