Nokia Arena
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Tel Aviv, Israel |
| Inauguración | 1963 |
| Renovación | 1972, 2005 |
| Ampliación | 2005 |
| Superficie | Parquet |
| Capacidade | 11.700 espectadores |
| Propietario | Concello de Tel Aviv |
| Localía | Maccabi Tel Aviv (ha'Al) |
| Eventos | |
|
|
O Nokia Arena (en hebreo: היכל נוקיה), máis coñecido como A Man de Elías (en hebreo: היכל הספורט יד אליהו, Yad Eliyahu), é unha instalación deportiva adicada especialmente á disputa de partidos de diferentes deportes (principalmente baloncesto) e entretemento, situado na cidade de Tel Aviv, Israel.
Índice |
Características [editar]
A Man de Elías é un dos máis míticos pavillóns do baloncesto europeo, acollendo numerosas finais de competicións continentais e sendo a cancha do Maccabi Tel Aviv, un dos clubs europeos máis laureados.
Cunha capacidade para 11.700, aparte do Maccabi Tel Aviv albergou encontros do Hapoel Tel Aviv. É a area de deporte baixo teito máis grande en Israel, polo que aloxa a Final Four israelí (as semifinais e final da Copa de Israel), así como a maioría dos partidos da selección de baloncesto de Israel.