Xurxo de Chipre
Xurxo de Chipre (Γεώργιος Κύπριος, latinizado como Georgius Cyprius) foi un xeógrafo bizantino de finais do século VII.
Índice |
Traxectoria [editar]
O único que se sabe sobre a súa vida é que naceu en Lapithos na illa de Chipre.[1]É coñecido pola súa Descriptio orbis Romani ("Descrición do mundo romano"), escrita na década 600–610.[2] Está escrita en grego, e fai unha relación de cidades, vilas, fortalezas e divisións administrativas do Imperio Romano de Oriente. A lista empeza en Italia e móvese en sentido contrario ao reloxo polo Mediterráneo, desde África, Exipto e Oriente. A lista que chegou ata nós está evidentemente incompleta, pois os Balcáns están excluídos.[3] A Descriptio só sobreviviu nunha compilación, probabelmente do século IX, xunto con outras listas como as notitiae eclesiásticas. É posíbel que o compilador, que normalmente se considera que foi o armenio Basilio de Ialimbana, alterase o texto de Xurxo.[4]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Georgii Cyprii Descriptio Orbis Romani (1890), editor Heinrich Gelzer.
- Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, pp. 837–838, ISBN 978-0-19-504652-6.