Xurxo Pérez Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXurxo Pérez Pintos
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo , profesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Xurxo Pérez Pintos, nado en Vigo en 1948, é un biólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no departamento de Bioloxía da Universidade Laboral de Ourense e Vigo. Como profesor de ensino secundario foi xefe do departamento de Bioloxía no IES Manuel Antonio de Vigo.

Xunto con Xosé Bouzó Fernández e Paco Martínez levan a cabo anualmente, dende hai máis de trinta anos, os Paseos pedagóxicos, dentro do programa das Xornadas do Ensino de Vigo.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Historia contemporánea da destrución da natureza en Galiza, 2009, A Nosa Terra.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Bioloxía no laboratorio (Xistral, 1980; Andrés Sanjuan López).
  • Aprendendo na naturaleza, bioloxia experimental de campo (Xerais, 1983; con Andrés Sanjuan López e Pastora Fernández Ferro)
  • As bioinvasións na Galiza (A Nosa Terra, 2004; con Xosé Bouzó Fernández)
  • A pegada socioecolóxica do sistema enerxético galego (Sotelo Blanco, 2007; con Xosé Bouzó Fernández)
  • Serra da Groba. A formación da paisaxe (Tórculo, 2017; con Xosé Bouzó Fernández)