Xunta Suprema do Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de armas do Reino de Galicia, na capa dunha Real Cédula de 1734.
Mapa do Reino de Galicia (1773).

A Xunta Suprema do Reino de Galicia foi unha institución vixente en 1808 no marco da Guerra da Independencia española para cubrir a ausencia de poder tralo apresamento do rei Fernando VII.

A Idade Contemporánea ábrese en Galicia coa epopea da Guerra da Independencia, na que todo o país se converteu nunha guerrilla contra o invasor francés. A Igrexa entregouse en favor da loita; os clérigos colgaron hábitos e sotanas e empuñaron as armas, e os que por idade (ou pola súa pusilanimidade) quedaron na retagarda, apoiárona desde púlpitos e confesionarios. Os fidalgos, que se consideraban señores naturais dos seus súbditos campesiños, en poucas ocasións como nesta puideron exercer un liderado que lles permitise consolidar o prestixio das familias: os pazos foron cuarteis e almacéns onde os campesiños encontraban, desta vez, de todo, desde armas e municións até prórrogas para o pagamento das rendas. A burguesía das cidades marítimas, despois dunha inicial dúbida sobre que partido tomar, entregouse igualmente á causa achegando diñeiro, enviando os seus fillos ás escolas de cadetes e, sobre todo, asumindo (non desinteresadamente, é certo) as pesadas responsabilidades dunha burocracia militar e civil cada día máis complicada.

Todos colaboraron eficazmente; pero, sobre todo, estivo en primeira liña o campesiñado, que era a maioría da poboación. Quizais desde a Gran Guerra Irmandiña nunca os campesiños galegos se entregaran tan vehementemente a unha causa coma nesta ocasión. A guerra foi, pois, unha epopea popular.

A cidade da Coruña foi, en maio de 1808, a primeira que se levantou en armas contra os franceses, cando os alarmantes rumores sobre a entrega das autoridades, e por tanto do país, a Napoleón inquietaron á poboación. Pouco despois alzouse a de Santiago e, a continuación, todas as demais cidades e vilas seguiron o exemplo das dúas principais urbes galegas, formando Xuntas de goberno que, a instancias da Coruña, acabaron confluíndo e integrando a Xunta Suprema do Reino de Galicia que actuou, durante menos dun ano, apenas seis meses, como soberana xa que, imposibilitado Fernando VII, "preso y cautivo" en Francia, actuou, no seu nome, como o goberno dun reino independente.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Articulación do poder político en Galicia a comezos do século XIX[editar | editar a fonte]

A comezos do século XIX en Galicia, coma no resto de España, o poder político, é dicir, o control inmediato dos órganos de decisión política, estaba en mans das dúas clases que tiñan o poder económico e social: a nobreza e o alto clero. Consolidárase, aparentemente, un equilibrio social formado por dous grandes bloques: o das elites ou perceptores de rendas e dereitos (nobreza e alto clero) e o dos produtores. Unha fina tea separaba os campesiños ricos dos fidalgos, que formaban o primeiro chanzo da escala nobiliaria. Algúns (poucos) dos primeiros, valéndose de medios legais (comprando a cédula de fidalguía, gañándoa por servizos prestados nas guerras, etc.) ou ilegais (prescrición dun suposto título, falsificación de árbores xenealóxicas, etc.) conseguían traspasar a fronteira legal instalándose na clase superior. Así mesmo algúns burgueses, chegados de fóra de Galicia no século XVIII, procuraron demostrar a súa fidalguía e, deste xeito, acomodarse socialmente no bloque superior. Mentres funcionou así, o sistema se mantivo, e o equilibrio social parecía consolidado. Pero todo isto se vería ameazado a partir de 1808. O equilibrio, aparentemente ben consolidado, rompeu.[1]

A administración do Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

O Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Reino de Galicia.

A principios do século XIX Castela, dentro da monarquía española, compoñíase de 18 provincias (Ávila, Burgos, Cuenca, Estremadura, Guadalaxara, León, Madrid, La Mancha, Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena,[2] Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Toro, Valladolid, Zamora e Illas Canarias), 6 reinos (Córdoba, Galicia, Granada, Xaén, Murcia e Sevilla) e un principado (Asturias).

Aínda que Galicia ostentaba o título de reino, en realidade (o mesmo que os outros reinos) non era, administrativamente, senón unha provincia máis no conxunto de Castela, e do Estado. O profesor Barreiro Fernández escribiu:

A partir de los Reyes Católicos la historia de Galicia pierde los caracteres de originalidad y tipicidad que la habían distinguido. A la idea de reino de Galicia sucede la praxis de una gran provincia gallega. No es que se dejara de usar la expresión "Reino de Galicia", posiblemente nunca se hizo un uso tan abundante de esta expresión como signo de esa especie de federalismo hispánico impuesto por los Reyes Católicos. Lo que sucede es que Galicia, como Asturias, León, Extremadura o Andalucía, respirarán ya para siempre al ritmo de los pulmones de Castilla.[3]

O Reino de Galicia estaba dividido en 7 provincias, aínda que cómpre entender que estas provincias non eran tales, senón as 7 cidades que tiñan representación na Xunta do Reino e ás que se lles atribuía a representación dun territorio, pero nas súas capitais non había ningún órgano de goberno propiamente dito, nin gobernadores nin intendentes; o único Gobernador ou Intendente residía na cidade da Coruña.

Os catro reinos de Andalucía e as Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena (en cor verde clara).
As provincias do Reino de Galicia e a súa extensión territorial [4]
Provincia Extensión (km2)
Betanzos 2.433
A Coruña 768
Lugo 8.220
Mondoñedo 2.021
Ourense 7.505
Santiago 7.020
Tui 1.656

Estas cidades eran, como se ve, as cinco sedes episcopais, e mais A Coruña e Betanzos por seren cidades de reguengo, ben situadas xeograficamente e importantes pola súa poboación e recursos.[5]

A presenza do poder central en Galicia[editar | editar a fonte]

A articulación política do Reino de Galicia facíase en dous niveis: no nivel superior estaban os organismos que representaban o poder real ou central, por debaixo do cal situábanse aqueles que, dalgunha maneira, querían representar os intereses do país.

O Gobernador de Galicia

Desde o ano 1480, en que chegou o primeiro gobernador (Fernando de Acuña), até 1834, no que Galicia foi dividida nas actuais 4 provincias, o país estivo sempre rexido por un Gobernador que, ao mesmo tempo, era o Capitán Xeneral e mais o Presidente da Real Audiencia. Esta acumulación de poderes non era só honorífica, xa que "...los Capitanes Generales Presidentes de la Real Audiencia pueden llamar y hacer comparecer a los corregidores, alcaldes mayores y demás jueces y ministros de justicia, tanto para instruirse como para corregirles, amonestarles sobre cualquier punto o negocio que importe al Real Servicio y bien del público"[6] o que implicaba unha concepción do poder que se pode cualificar de vicerreinal: o Gobernador asumía todos os poderes e, nese sentido, era un delegado rexio ou vicerrei. En 1808, cando se produciu a crise institucional do Estado, o Gobernador de Galicia era Francisco de Biedma. Ao facerse co poder real a Xunta Suprema nomeou sucesivamente a varios capitáns xenerais, pero despoxados xa na práctica dos poderes civís, que asumira a Xunta.[7]

O emprego de Capitán Xeneral aparecera en España durante o século XVI, e tiña funcións tanto militares coma de goberno. Desde o comezo da época borbónica (1711), instituíuse, por mandato do rei Filipe V, e a causa da supresión dos vicerreinos da Coroa de Aragón, a nova figura como Xefe do Exército e Presidente da Audiencia. Coa reforma administrativa de 1835, e debido á redistribución do territorio en provincias, a cuxa fronte estaban funcionarios civís, o Capitán Xeneral perdeu as funcións gobernativas e quedou como mando supremo dunha rexión militar. Este grao era temporal e o seu titular (un Tenente Xeneral) deixaba de selo ao cesar no posto. O cargo desapareceu da escala activa ao mesmo tempo que as Capitanías Xenerais o ano 2002. Actualmente a única persoa que ostenta ese título é o rei de España.[8]

A Real Audiencia
Estatua do Marqués de Sargadelos diante da súa casa en Ribadeo.

En palabras do Padre Mariana as Audiencias eran "una suprema autoridad a propósito de reprimir las gentes, de suyo prestas a las manos y mover bullicios sin hacer caso de las leyes ni de los jueces ordinarios". Pero na mente dos reis, as Audiencias foron moito máis ca iso.

Eran organismos de control social, xa que as súas funcións non se circunscribían ao ámbito xudicial: tiñan capacidade para tomar e comisar fortalezas, para velar pola seguridade pública, para prender delincuentes, para cuestións de moeda, de camiños, do estado dos cárceres e outros asuntos, á parte dos estritamente procesuais. Co paso do tempo foron ampliando os seus efectivos, oidores, escribáns e avogados.

A de Galicia serviu á nobreza non só en canto que foi peza apetecida para situar alí os seus membros, senón tamén porque os seus informes e as súas sentenzas procuraban favorecer os seus intereses. Ás veces de forma escandalosa, coma cando os veciños dos arredores da fábrica de Sargadelos, a pouco da súa fundación en 1798 (o 2 de febreiro de 1809), amotináronse contra a industria dirixidos polos curas e fidalgos da zona, destruíndo as instalacións e ocasionando varios mortos. A Audiencia, en lugar de reprimir severamente aos amotinados, procurou que a Xunta, e incluso o Consello de Castela, e mesmo o rei, os amnistiaran. (Cómpre recordar que o marqués de Sargadelos, dono da fábrica, era un afrancesado)[9]

Os Intendentes do Reino

Na época de Filipe V instituíuse a Real Intendencia. Para afrontar a situación económica que experimentaba o Imperio español a inicios do século XVIII, o rei solicitou asesoría a Francia, que enviou a Juan Bautista Orry, quen recomendou, entre outras medidas, a aplicación do réxime francés de intendencias en España. Despois dalgúns estudos, decidiuse introducir o sistema, destinando nun primeiro momento a estes novos funcionarios, os intendentes, á administración financeira do exército, debido a que o país se encontraba inmerso na Guerra de Sucesión Española. Os primeiros intendentes remóntanse a 1711. Primeiro nomeáronse varios funcionarios co cargo de superintendente xeral do Exército, para a suxeición dos territorios conquistados tanto no concernente ao exército coma á facenda e gasto público. Debido ao éxito alcanzado, considerouse entón outorgarlles zonas territoriais, denominadas intendencias.

O intendente era un funcionario designado polo rei e dependente del, que gozaba de amplos poderes e tiña como misión a recadación de tributos e a dinamización económica, a través do control das autoridades locais, o coidado das Reales Fábricas, o impulso do desenvolvemento da agricultura e a gandaría, a realización de mapas e censos, o mantemento do urbanismo, etc. Esta figura posuía un sentido centralizador e absolutista, propio das reformas da administración introducidas polos Borbóns. En 1718, coa "Ordenanza de Intendentes de ejército y provincia" [10] de 4 de xullo daquel ano, regulouse o seu ámbito xurisdicional, converténdose en intendentes de exército e provincia que, en ocasións, actuaron só no ámbito civil como intendentes de provincia, outorgándoselles competencias en materia de xustiza, facenda, guerra e policía.[11] Con posterioridade, fóronselle engadindo facultades no ámbito económico (agricultura, comercio, industria, transportes) e ás veces acumulaban o cargo de corrixidor na cidade capital da súa provincia (intendente corrixidor). Por exemplo, foi a Intendencia a que interveu e mediou no preito provocado nas rías galegas pola introdución de novos aparellos de pesca por parte dos fomentadores cataláns.[12]

En 1749, o rei Fernando VI reordenou o sistema cunha Intendencia por provincia, xunto co Corregimiento (a xurisdición correspondente a un corrixidor) da capital, aínda que estes cargos volveron a separarse en 1766). Cada intendente estaba auxiliado por un tenente letrado ou alcalde maior subordinados, ou ás veces dous, para o exercicio das funcións xudiciais.

En moitas ocasións aos intendentes encargábanselles comisións especiais para interviren en cuestións de contrabando, polo que co tempo este asunto quedou como propio do Intendente. Así mesmo, a Intendencia foi comisionada para aprehensións de desertores e vagabundos (que eran destinados forzosos á Mariña), para que fixesen presión sobre os reticentes a pagar as contribucións, etc. Finalmente, en tempos de Carlos III, encargóuselle tamén o referente a Correos, Camiños e Portos.

Debido a tan amplas atribucións, ás veces mesmo mal definidas, orixinábanse frecuentes conflitos co Gobernador, coa Real Audiencia e incluso coas xustizas dos señoríos e cos corrixidores. Para exercer tan vasta xurisdición, a Intendencia tiña os seus propios tribunais, como se desprende da Instrucción para el Método y Gobierno de las dependencias Judiciales del Tribunal de la Intendencia del Reino de Galicia, publicada en Santiago en 1739.[13]

Os corrixidores

Os corrixidores eran funcionarios reais, instituídos en Castela por Henrique III, que representaban a autoridade real nos municipios, xestionaban o seu desenvolvemento económico e administrativo, presidían os concellos, dando validez ás súas decisións, e eran xuíces en primeira ou segunda instancia.[14] Os Reis Católicos, no seu afán por uniformar a administración da coroa de Castela, mandaron corrixidores ás principais cidades do Reino. Desta forma a institución do corrixidor converteuse, teoricamente, nunha peza fundamental do centralismo da monarquía absoluta. Pero só teoricamente porque, como se verá, o feito de que estes postos estivesen ocupados por membros da nobreza local, convertíaos en instrumentos moi apropiados para exerceren o poder sobre a terra, mantendo unha política que non coincidía necesariamente coa política central.[15]

Crise política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Crise do Antigo Réxime.

O pensamento ilustrado en Galicia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A Ilustración.
Véxase tamén: A Ilustración en Galicia.

Os ilustrados galegos fixeran unha análise suficientemente correcta das causas que impedían que o desenvolvemento económico e social de Galicia fose paralelo ao que estaban a experimentar outros países. Ao lado desta análise presentaban, polo xeral, unhas solucións que, en principio, non cuestionaban a estrutura económico-social do país; así, estimaban que o clero e a nobreza deberían seguir sendo as clases que o vertebrasen socialmente, e non poñían en xuízo, en xeral, o sistema de Señorío, nin o foro como fórmula de tenza da terra.

Aínda que había un sector máis crítico que, nas súas propostas, se aproximaba a unha solución revolucionaria, polo xeral hai que dicir que o pensamento ilustrado galego, que contaba nas súas filas con intelectuais coma Sarmiento, Lucas Labrada, Luís Marcelino Pereira,[16] Juan Francisco de Castro,[17] [18] Cornide e o cóengo Pedro Antonio Sánchez Vaamonde,[19] entre outros, unicamente procuraba eliminar os atrancos que dificultaban que se cumprisen as leis económicas, coma os excesivos impostos, as trabas á circulación de mercadorías, etc., pero sen ofreceren un programa total de solucións que apuntasen a un novo equilibrio de poderes.

Os liberais galegos[editar | editar a fonte]

5 de maio de 1789, inauguración dos Estados Xenerais en Versalles.
Toma da Bastilla, cadro de Jean-Pierre Houel (1735-1813).
Patente de Luis XVI na que se promulgou a Declaración dos Dereitos do Home e o Cidadán.
Artigo principal: Liberalismo.

No ano 1789 suceden importantísimos acontecementos para a historia:

En 1808 (comezo de Guerra da Independencia española) formáronse en Galicia diversos grupos de intelectuais que estaban xa moi afastados das propostas moderadas dos ilustrados e que apuntaban cara a solucións radicais. Ao país, pensaban, non había que reformalo, senón cambialo. Eran os liberais, que se mantiveran un pouco na sombra até 1808 en que a convulsión sufrida por España coa invasión francesa e a aparición da liberdade de prensa lles permitiu presentarse e facer campaña das súas ideas.

Razóns inmediatas da aparición deste grupo

A aparición desta xeración de intelectuais e políticos liberais non foi, evidentemente, casual; tivo que ver cos progresos experimentados pola economía europea no último terzo do século XVIII. Unha sociedade que se preocupa das ideas de liberdade, igualdade e democracia revela que ten resolvidos, polo menos en determinadas capas sociais, os problemas económicos máis urxentes.

En Galicia albíscanse unha serie de datos que indican que se estaba a experimentar unha certa reactivación económica a finais do século. Os indicadores máis destacados eran os seguintes:

  • Xeneralización do cultivo do millo, o que permitiu un incremento da actividade gandeira e unha mellora da dieta alimentaria o que, como consecuencia inmediata, supuxo un aumento da poboación.
  • Aumento da superficie cultivada nunhas 200.000 ha.[22]
  • Crecemento espectacular dos rendementos agrícolas até o punto de que, nalgunhas comarcas de clima privilexiado, coma o Salnés, alcanzaríanse a finais do século XVIII cotas de produción non igualadas en todo o século XIX.[23]
  • Conxuntura favorábel dos prezos, que beneficiaría non só ás clases rendistas, senón tamén ao campesiñado posuidor de terras grazas á introdución dos novos cultivos, a extensión do campo cultivado e o incremento da produción gandeira.
  • Resposta favorábel da poboación, xa que este proceso de crecemento económico foi posíbel tamén, en boa parte, grazas á acumulación do esforzo.[24]
Novos cultivos, importados de América, que impulsaron o desenvolvemento económico de Galicia na segunda metade do século XVIII (1)
Follas e flores da pataca, Solanum tuberosum L.  
Tubérculos de pataca, a parte comestíbel.  
Cultivo de millo ou maínzo, Zea mays L.  
Plantación de feixóns, Phaseolus vulgaris L.  
(1) Nota: Para coñecer a importancia socioeconómica destes cultivos, véxase Pataca, Millo e Feixón.
Principais grupos e liberais de Galicia antes de 1808
Entrada do Colexio de San Xerome, un dos lugares onde se reunían os liberais santiagueses. (Hoxe sede do reitorado da Universidade).

Na Universidade de Santiago formaríase un grupo ao redor de Bazán de Mendoza e González Varela, ambos o dous catedráticos desta universidade, e constituído por Sánchez Boado, Patiño, Bedoya entre outros. Este grupo, apoiado por algúns clérigos coma Manuel Acuña e Malvar, sobriño do arcebispo Malvar,[25] polo párroco de Bastavales, Francisco Vázquez Aguiar,[26] polo profesor da universidade Regueiro Vázquez, polo impresor Rey, o atrabiliario Fandiño, etc., formaría en Santiago unha especie de club que se reunía secretamente en lugares escollidos, coma os apousentos do bibliotecario da universidade, que comunicaban coa sala de Libros prohibidos na que todos eles pasaron moitas horas lendo e discutindo as obras máis recentes, ou nos apousentos do vicerreitor do Colexio de San Xerome, González Varela. Este club foi sistematicamente perseguido polo arcebispo Múzquiz que, no ano 1803, acusou a varios sacerdotes do grupo e desterrou a Acuña e Malvar a Aniago (Valladolid), e pola Inquisición, que actuaba especialmente no campo das lecturas.[27]

Moi distinto era o grupo liberal da Coruña, que estaba formado fundamentalmente por burgueses de fortuna consolidada, coma De Llano, Marcial del Adalid ou Juan Antonio de la Vega Rumeu. Este sector orientouse máis decididamente cara ao campo da economía. Cunha gran visión de futuro, rodeáronse de intelectuais coma Lucas Labrada ou o profesor Vega, que fora expulsado da cátedra de Física da universidade polas súas ideas avanzadas, Pedro Bermúdez del Villar, e outros, que os asesoraban, e que en 1808 aparecían conformando un bloque liberal moi ben constituído.

Fóra da Coruña e Santiago só cómpre resaltar un pequeno grupo localizado en Vigo ao redor de Manuel Llorente Pastor, importante burgués co que se reunían o médico Ricardo Bermúdez, o avogado Manuel Rodal, o Marqués de Valladares (Francisco Javier Enríquez y Sarmiento de Valladares) e algúns máis.

As ideas de reforma

Os liberais galegos non podían, daquela, expresar as súas ideas. A Inquisición galega, aínda que non se excedeu, en xeral, perseguindo ás persoas, si que tiña un coidado especial en perseguir as ideas, especialmente no seo da Universidade de Santiago. Pero cando en 1808 se decreta a liberdade de prensa, a oculta ideoloxía desbordouse, o que indica o ben preparados que estaban desde había tempo. Eles mesmos deixaron dito cales eran as súa lecturas preferidas: Adam Smith foi o economista máis citado e, en política, Locke, Rousseau, Condillac, Malebranche e Montesquieu.

Adam Smith.  
John Locke.  
Jean-Jacques Rousseau.  
Barón de Montesquieu.  

De acordo co pensamento máis avanzado entón en Europa, os liberais galegos formulaban unha reforma estrutural da sociedade en base aos seguintes principios:

  • Soberanía nacional, como resultado da teoría do contrato social (ou contratualismo), que estimaban que era a única que podía explicar adecuadamente a orixe da sociedade.
  • Como consecuencia da soberanía nacional, separación de poderes e constitución dunha Asemblea de representación directa, que lexislaría en nome da nación.
  • Sometemento, por conseguinte, do soberano, que sería despoxado dos seus atributos de poder absoluto, á Constitución, que sería a garantía dos dereitos dos cidadáns.
  • Redución, ou incluso supresión, da Nobreza, eliminando para iso a súa base económica: Señoríos e lei de vinculación.
  • Redución do clero á orde estritamente espiritual, mediante a necesaria separación da xurisdición civil (de competencia exclusiva do Estado) e a eclesiástica.
  • Nova organización territorial ou modelo de Estado, dividíndoo en provincias, estas en distritos e estes, á súa vez, en concellos, de forma que se desbloquease o sistema tradicional de compartimentación en razón dos Señoríos, e todo isto co claro obxectivo de poñer as bases para conseguir un mercado unificado que favorecese á clase social que quería substituír ao clero e á nobreza na dirección de España: a burguesía.[28]

O proceso revolucionario en España[editar | editar a fonte]

Fernando de Borbón, Príncipe de Asturias. Retratado por Goya (1800).
Escena do Motín de Aranjuez na representación do mesmo, co Palacio Real de fondo, celebrada o 11 de setembro de 2006.
Napoleón Bonaparte nas Tullerías (1810). Retratado por David.
O infante Francisco de Paula de Borbón (1794-1865), retratado por Vicente López.
Joachim Murat, Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Rei de Nápoles en 1808. Retrato ca. 1808.
Monumento a Daoíz e Velarde na Plaza del Dos de Mayo de Madrid. O arco é a antiga porta do Cuartel de Monteleón.
Pedro de Alcántara Álvarez de Toledo y Salm-Salm, duque del Infantado e Presidente do Consello de Castela (1808 - 1809).
O capitán xeneral José de Palafox, pintado por Goya.
Xosé I Bonaparte, rei de España (1808-1813), retratado por François Gérard (ca. 1806).
José Moñino y Redondo, I conde de Floridablanca, Presidente da Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino (1808), retratado por Goya contra 1783.

En 1808 un conxunto de circunstancias ocasionais crearon unha coxuntura favorábel para que un amplo sector da opinión se comprometese na loita polo poder, co obxecto de levar a cabo unha radical transformación dos supostos que servían de base á España do Antigo Réxime. O fin da etapa reformista dos Borbóns ilustrados (Fernando VI e Carlos III) foi o fin dunha grande ilusión que provocou unha frustración na conciencia nacional. A conciencia da crise do Antigo Réxime é un sentimento xeneralizado na opinión que se fai público, aínda que inicialmente non se formule como un proxecto revolucionario, senón como un programa de reformas. A partir de 1808, e en medio dunha terríbel guerra, especialmente destrutora pola natureza do seu plan estratéxico, os poderes constituídos promoven, con relativa eficacia, o triunfo dos seus respectivos modelos de organización sociopolítica: os afrancesados, en cuxas filas militan algúns elementos de indubidábel capacidade, non vacila en utilizar a posibilidade que Napoleón lles brinda para a realización dun programa de reformas que fixese innecesaria a revolución. A guerra non lles permitiría poñer en práctica o seu programa e, cando chegou a paz, a súa colaboración co inimigo levaríaos ao desterro, e o desprestixio social acompañaríaos de por vida polo seu colaboracionismo. Os liberais, donos do poder en España nos seis anos que durou o conflito armado, non tiveron oportunidade máis que de promulgar as leis que desenvolvían os puntos básicos do seu programa, e aínda isto de forma incompleta.[29]

En todo proceso revolucionario cabe distinguir tres actividades fundamentais: as que apuntan á conquista do poder, as destinadas a crear un novo réxime e as que tenden a configurar a sociedade sobre bases teóricas distintas das vixentes.

O primeiro destes fenómenos iníciase en España coa formación das Xuntas Provinciais en 1808, aínda que non desenvolvería as súas posibilidades até a reunión das Cortes de Cádiz dous anos despois. A constitución dun poder revolucionario implica a simultánea desaparición do poder constituído. En España o motín de Aranjuez e as abdicacións de Baiona son os elementos decisivos na crise da monarquía, en tanto que a pasividade das autoridades ante a presenza dos franceses é a causa da crise do goberno. O baleiro de poder resultante facilitaría as iniciativas das autoridades inferiores (coma a do bando do alcalde de Móstoles) e a constitución de institucións inéditas —as Xuntas Provinciais, a Xunta Central— que non vacilarían en asumir ese poder con todas as responsabilidades que implicaba e, unha vez conseguido, negaríanse a devolvelo aos seus antigos titulares.

O motín de Aranjuez[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Motín de Aranjuez.

O motín de Aranjuez, cuxo desenvolvemento transcorreu entre a noite do 17 e a tarde do 19 marzo de 1808, foi a culminación da política persoal do príncipe de Asturias quen, mercede a unha revolta nas rúas, que fora o resultado dunha conspiración, lograría forzar a man do vello monarca, a quen puxo na continxencia de abdicar. O procedemento, malia o moi popular que era o novo rei e calquera que fose o odio contra Godoy, non podía deixar incólume o prestixio da coroa. Unha vez no trono Fernando VII encontrouse nunha difícil postura debido ao inquietante silencio que Napoleón —cuxos exércitos cubrían parte da Península— mantiña respecto dos acontecementos españois, e chegou mesmo a abandonar o territorio nacional para acudir a Baiona para se entrevistar co emperador.

As abdicacións de Baiona[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Abdicacións de Baiona.

En Baiona, Napoleón, cuxos plans en relación coa Península sufriron un decisivo cambio ao ter noticia da abdicación de Carlos IV, reuniu aos monarcas españois impoñéndolles a renuncia aos seus dereitos, renuncia que se fixo extensiva aos infantes Carlos (irmán menor de Fernando VII) e Antonio (irmán menor de Carlos IV). Formalmente, Fernando VII devolvíalle a coroa a seu pai quen, sen esperar a esta renuncia, xa lle cedera ao emperador todos os seus dereitos ao trono de España e as Indias.

Esta capitulación dos monarcas e dos infantes non podía deixar de comprometer o prestixio da coroa, e contribuíu decisivamente ao desconcerto das autoridades establecidas no país, incapaces de tomar unha decisión irreversíbel —declarar a guerra a Francia— sen recibir as oportunas ordes.

Cando Fernando marchou cara a Baiona nomeara unha Xunta de Goberno presidida polo seu tío o infante Antonio e integrada por catro dos ministros do seu efémero primeiro reinado. A imprevisión do monarca en poñerse en mans de Napoleón foi comparábel á das limitadísimas atribucións —materias gobernativas e urxentes— que conferiu á Xunta. Pero de feito, e a pesar de todas as limitacións, a nova institución foi a depositaria dunha soberanía que non foi quen de exercer nos críticos momentos que seguiron ao 2 de maio.

Os sucesos do 2 de maio en Madrid[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Levantamento do 2 de maio.

A Xunta foi incapaz de satisfacer os requirimentos populares e, á vez, manter as boas relacións cos franceses, que lle mandara conservar o rei antes da súa partida, e foi incapaz de evitar a crise que se aveciñaba debido ao crecente descontento da poboación

O incidente que desencadeou o estalido da crise foi o traslado do infante Francisco de Paula, un mozo de 14 anos, de Madrid a Baiona.[30] [31]

Un pequeno grupo de persoas logrou impedir o intento, pero a intervención dun batallón da garda, que incluso utilizou a súa artillaría contra os amotinados, desencadeou unha violenta reacción popular que se estendeu a toda a cidade. Os franceses foron atacados, e os madrileños, donos da rúa, trataron de ocupar as portas da cidade para pechalas ás forzas francesas acampadas a extramuros. Murat puido despregar as súas tropas, que atacaron aos paisanos. A Porta do Sol e o Parque de Monteleón convertéronse nas horas seguintes nos centros dunha desesperada resistencia protagonizada por civís sen outras armas que as logradas durante o combate, resistencia á que se sumaron unicamente os artilleiros do mesmo parque, no que morreron os capitáns Luis Daoíz e Pedro Velarde e o tenente Jacinto Ruiz, mentres que as restantes forzas da gornición se mantiveron acuarteladas en cumprimento das ordes recibidas. A reacción dos soldados imperiais foi moi violenta, asasinado á xente a cegas, e a ela seguiu una sistemática represión ordenada por Murat.

A partir do 2 de maio, a Xunta de Goberno, titular do exercicio da soberanía, recoñecida e obedecida como tal por todas as autoridades do país, entrou en crise, e a dualidade de poderes que coexistían desde a saída do monarca foi liquidada polo duque de Berg, que aproveitou a situación para engadir á súa condición de lugartenente imperial a presidencia da propia Xunta, despois de enviar a Baiona ao infante presidente, co que reuniu na súa persoa a suprema autoridade sobre os españois e os franceses ocupantes. As vacilacións da Xunta e o seu temor a comprometerse cunha iniciativa que desencadease a guerra, descualificouna aos ollos dos españois, que buscarían en autoridades de inferior nivel unha dirección disposta a levalos á loita contra os franceses.[32]

O Consello de Castela e a Xunta de Goberno[editar | editar a fonte]

O Consello de Castela convertérase, ao longo do século XVIII, na peza clave do sistema institucional español. O hispanista francés Desdevises Du Dézert definiuno dicindo del que:

"Era simultaneamente un comité lexislativo, un consello político, o centro da administración e un alto tribunal de xustiza administrativa, civil e penal".[33]

Sen a colaboración do Consello non era posíbel manexar a complicada engrenaxe da administración española. Pero a súa actuación nos meses críticos de maio e xuño, baixo a presidencia de Arias Mon y Velarde, limitouse, no exercicio das súas funcións gobernativas, ao mantemento da orde, pregándose no exercicio das funcións lexislativas a dar forma legal á vontade das ordes dos invasores e da Xunta de Goberno. En ambos os casos o Consello buscaba desesperadamente, fronte ás medidas que se lle impoñían, librar a súa responsabilidade mediante protestas formais, recorrendo noutros casos, a negar a súa competencia para tomar determinadas decisións. A súa manifesta colaboración cos invasores minará o seu prestixio, e a súa influencia, entre os partidarios de combater aos franceses, que cada día ían en aumento.[34]

Ante a inacción do Consello de Castela que, por outra parte, andaba disperso, e da Xunta de Goberno, institucións das que non se recibían nas provincias máis que recomendacións pacifistas en lugar da esperada incitación á loita contra o francés, correspondería ás Audiencias e aos Capitáns Xenerais, os seus presidentes (nas funcións gobernativas), o exercicio da soberanía, da que non quixeran facerse cargo as instancias superiores. Pero a resistencia destes a asumila (cuxa primeira manifestación debía ser a declaración de guerra a Napoleón) conduce á ruptura do vello sistema, para encher o baleiro de poder. Mesmo naqueles lugares onde non había unha presenza de franceses, coma en Galicia, as autoridades lexitimamente constituídas esforzáronse, con todos os medios ao seu alcance, en manter a orde pública e evitar calquera incidente que puidese incomodar aos invasores.

En contraste con esta política de pacificación xorde unha presión popular para que se lle declare a guerra ao invasor, sen ter en conta o desequilibrio que existía entre as forzas armadas de España e as de Francia. Esta corrente de opinión mobilizou a amplos sectores da poboación até o punto de aparecer como unánime fronte a posición contemporizadora das autoridades. Estes movementos, para lograr impoñer a guerra, veríanse obrigados a adoptar procedementos insurreccionais, revolucionarios, substituíndo as antigas autoridades por institucións cuxa única lexitimidade era a vontade do pobo do que xordían.

A longa serie de alborotos e movementos, á vez patrióticos e insurreccionais, que tiñan lugar en todo o país nos meses de maio e xuño, determinaron un cambio radical na configuración do réxime, de tal xeito que ao final dun curto período de tan só cinco ou seis semanas nin unha soa das autoridades lexítimas continuaba no exercicio do poder. Como consecuencia do levantamento das cidades, constituíronse en todas partes Xuntas que asumen o exercicio, sen limitacións, da soberanía. A Coruña, Oviedo, Valladolid, Badaxoz, Sevilla, Lleida e Zaragoza foron o lugares nos que o levantamento desembocou na constitución de Xuntas Supremas provinciais que substituíron ás antigas autoridades e promoveron a extensión do movemento a todas as outras cidades.

Así, nos primeiros días de xuño, a Península estaba gobernada da seguinte forma:

  • Había dous capitáns Xenerais, Cuesta (de Castela a Vella) e Palafox (Aragón), que de feito tiñan todo o poder nos seus respectivos territorios. Tanto, que o propio Cuesta pretendeu ser nomeado rexente, o mesmo que o marqués de Lazán, irmán maior de Palafox.[35]
  • Trece Xuntas Supremas, cada unha delas cunha dirección colexiada e, dependendo delas, unha restra de Xuntas de armamento e locais, que recoñecen a súa autoridade.

A antiga administración non existía ou, cando nalgures subsistira, quedara totalmente subordinada á autoridade da correspondente Xunta provincial ou local, que a ratificara pero recortándolle as atribucións.[36]

O carácter popular do levantamento fixo que as forzas que impuxeran a guerra se visen moitas veces na necesidade de recorrer a persoas de maior representación, máis coñecidas, para formaren as xuntas, polo que, en moitos casos, foron as mesmas autoridades derrocadas as que integrasen estas xuntas, aínda que, na súa nova función, actuaban non como axentes da coroa, senón como representantes do pobo.

O resultado máis importante que se derivou dos sucesos de maio e xuño foi a translación do poder a mans de institucións xurdidas do levantamento popular, fenómeno acompañado do sentimento dunha asunción popular da soberanía, sentimento que se ve reflectido en todos os escritos do momento e que tería unha importantísima repercusión na inmediata formulación da organización política. Os textos ao respecto son explícitos e abundantes, pero baste co exemplo da actitude, e a linguaxe empregada, da Xunta Suprema de Galicia:

El Reyno por decreto del día de ayer, acordó, que como Potestad Suprema y Soberana, en representación de su Monarca el Señor Don Fernando VII, preso y detenido en Francia, se le dé el tratamiento de Alteza: Lo que avisa á V.S. para su noticia, y que comunique esta resolución a quien corresponda.
Reyno de Galicia 21 de Junio de 1808.[37]
A Xunta de Goberno e Xuntas Supremas provinciais[editar | editar a fonte]

A necesidade de coordinar o esforzo bélico (e tamén a conciencia da unidade nacional) conduciron á creación dun goberno central nun prazo excepcionalmente breve, especialmente tendo en conta os medios de comunicación da época, e tamén o pluralismo de poderes que existía. As Xuntas provinciais promoveron, mediante iniciativas desordenadas pero converxentes, a formación dun goberno nacional, cuxa constitución se produciu en pouco máis de tres meses. Pero a unanimidade en canto á necesidade dun goberno central trocábase nunha pluralidade de opinións, difíciles de harmonizar, á hora de determinar a súa composición e mais as súas competencias. As principais alternativas eran tres:

  • os partidarios do establecemento dunha rexencia;
  • os partidarios de unir nun só corpo de goberno as vellas e as novas autoridades, e
  • os máis radicais, que se negaban a entregar o poder aos que mostraran, no momento da invasión, unha debilidade que consideraban delito de lesa patria.

Finalmente triunfou o criterio, intermedio, da Xunta de Sevilla, favorábel a delegar o poder en mans de representantes elixidos polas Xuntas, aceptándose a proposta da de Granada de que fosen dous por cada unha delas. Os delegados procedentes do sur, sen esperar que chegasen os que viñan do máis afastado norte, decidiron constituírse en Xunta Central (o seu nome oficial e completo era Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino) o 21 de setembro de 1808. A Xunta Central, á marxe das funcións de goberno, promoveu a reunión de Cortes (que serían as famosas Cortes de Cádiz), tolerou unha moi ampla liberdade de imprenta e levou a cabo unha consulta ao país, que favoreceu a exposición de toda clase de demandas.[38]

A Xunta Central[editar | editar a fonte]

A Xunta Central era o único órgano de goberno supremo de España, pois a monarquía non existía de facto dado que os patriotas non aceptaban a Xosé I (proclamado polo seu irmán Napoleón como rei de España en xullo de 1801), e as vellas autoridades, coma o Consello de Castela, andaban dispersas. A composición da Xunta axuda a comprender a súa política. O seu presidente era o conde de Floridablanca, un vello inimigo da Revolución francesa. A súa elección seguramente debíase ao feito de que fora a Xunta de Murcia a primeira en pedir (en xullo de 1808) a constitución da Central.[39] Antano reformista, os sucesos da Revolución francesa fixeron que cambiase de forma radical o seu punto de vista político, converténdose nun reaccionario. Tralo levantamento contra os franceses, José Moñino (Floridablanca) organizou a Xunta Suprema de Murcia, apoiando a candidatura da infanta Carlota Xoaquina de Borbón á rexencia.[40] [41]

Inicialmente a Xunta Central estaba formada por 24 membros, que posteriormente pasarían a ser 35. Entre eles había tres ex ministros (Floridablanca, Jovellanos e Valdés), cinco grandes de España, tres marqueses, catro condes, dous xenerais, cinco altos funcionarios, catro membros do alto clero e só dous representantes do que se poderia chamar burguesía.[42]

A Xunta tomou o título de Maxestade o que, coa súa mera formulación, saíu ao paso das ambicións dalgúns membros da familia real, coma o citado da Infanta Carlota. Pero, illada en Aranjuez, sen contacto co pobo ou —o que é máis probábel— respondendo á formación tradicional dos seus membros, cometeu o erro de volver a convocar o Consello de Castela, resucitando así no órgano prerrevolucionario o máximo inimigo da súa propia significación. Foi este un dos primeiros e máis graves erros deste corpo político que, porén, subsistiu a pesar dos manexos do Consello, e de que os aliados ingleses facían presión a favor dunha autoridade máis expeditiva.[43]

O levantamento de Galicia[editar | editar a fonte]

Levantamento da Coruña[editar | editar a fonte]

A Coruña foi a primeira das cidades galegas en levantarse en armas contra os franceses. Segundo Díaz Otero:

"Aunque son muchos los autores que proporcionan información acerca de los hechos acaecidos en La Coruña durante el mes de mayo, lo cierto es que básicamente hay una única versión de la que muy posiblemente sea responsable el conde de Toreno. Según dicha versión los estados de ánimo empezaron a alterarse con la llegada, en los primeros días de mayo, del oficial francés Mougat, quien había sido comisionado por Murat para inspeccionar los arsenales de fusiles y artillería de Galicia.
Al parcer, y con el objeto de calmar o sosegar los ánimos, el entonces capitán general interino, D. Francisco de Biedma, decidió instalar unas piezas de artillería delante del palacio de capitanía. Esta medida produjo efectos contrarios a los previstos y sirvió para suscitar recelos de connivencia entre Biedma y los franceses. Comenzaron entonces a aparecer una serie de rumores entre los que destacaba el de que Biedma pensaba enviar a los soldados a Francia y que serían sustituidos por franceses. Además, se haría una conscripción entre los paisanos, por orden francesa, y serían llevados maniatados a Francia. Tal fin atribuían a la visita de Mougat." [44]

Cabe preguntarse se estes rumores e este estado de inquietude estaban, ou non, provocados por algún grupo de persoas. A este respecto sábese que un grupo de paisanos se reunía secretamente con oficiais do exército, reunións ás que concorrían, entre outros, Manuel Pardo de Andrade e Sinforiano López. Ademais destes movementos, que se poderían cualificar de internos, houbo algúns outros externos, que terían gran repercusión. Por exemplo, un enviado da Junta de Asturias presentouse ante o rexente da Audiencia, Pagola, que, tras ser informado do levantamento asturiano, deulle ordes ao enviado de que marchase inmediatamente da cidade (para que non causase ningunha alteración da orde).[45]

Producírase, así mesmo, por aqueles días, a chegada do capitán xeneral Filangieri, que viñera co obxecto de pacificar os ánimos, pero que, cunha das súas medidas (o envío do rexemento de Navarra a Ferrol), no fixo senón exaltalos aínda máis.

"El momento culminante de la tensión se produjo en la ciudad con la llegada, el 29 de mayo, de un estudiante leonés, enviado de la Junta, con intención de proporcionar noticias de los acontecimientos en su localidad y pedir ayuda al pueblo coruñés. Dicho enviado, tras entrevistarse con el regente de la Audiencia fue, al igual que el asturiano, un auténtico estorbo para las autoridades constituidas que acordaron recluirlo en la casa de Correos. Al enterarse la gente del suceso, acudió a dicho lugar y trató de derribar las puertas. Al momento llegó corriendo el general Filangieri, comenzando a dar bastonazos al pueblo y tropa, que era la primera en la acción".[46]

Estes acontecementos revelan que a poboación da cidade non confiaba nas súas autoridades, crendo —e posibelmente con razón— que tanto as supremas autoridades militares, Filangieri e Biedma, coma as civís, especialmente o rexente da Audiencia, estaban dispostos a entregarse aos franceses. Nestas circunstancias calquera chispa podía facer saltar o pobo, traballado subterraneamente por Sinforiano López e outros liberais. E a chispa saltou os días 30 e 31 de maio.

"El día 30 de mayo, festividad de San Fernando, se congregó un inmenso gentío, compuesto también por mujeres y niños, ante el palacio de Capitanía, donde se encontraba el capitán general, Filangieri, junto con un buen número de oficiales y caballeros de la Audiencia. Ante el aumento de los gritos y de las protestas, bajó el gobernador de la plaza, Alcedo, a conferenciar con la muchedumbre, quien pidió que ondease la bandera, tal y como era costumbre, y que se hiciesen las salvas de rigor. Se accedió a ambas cosas y con ello se logró apaciguar momentáneamente el tumulto.
Esa misma tarde y ante los rumores esparcidos de que estaban embarcando armas en Ferrol con destino a Francia, se volvió a congregar la gente, que invadió el palacio de Capitanía y apedreó las casas de Filangieri y Biedma, pues se enteró de que aquel había dispuesto el traslado del regimiento de Navarra a la ciudad departamental. A continuación asaltaron el parque de artillería, llevándose los fusiles existentes, repartiéndolos entre todos los allí congregados. Tras sacar en procesión un retrato de Fernando VII, la gente se retiró y de esta forma acabaron los incidentes por ese día". [47]

Efectivamente, despois da pacífica procesión cívica, acabaron os tumultos do día 30 pero, ao día seguinte, mantívose a presión popular na rúa. Como as máximas autoridades militares e civís estaban reunidas na sede da Audiencia, novamente a multitude, sen dúbida alentada por Sinforiano López e outros liberais, pediu a gritos que se adoptasen medidas contra os franceses, que se nomeasen xefes militares de confianza en substitución de Filangieri e Biedma, e que se defendese a relixión, a liberdade e a patria. Resultado desta presión foi a constitución dunha Xunta. Foi así como se levantou en armas a cidade da Coruña, a primeira en facelo en Galicia, cando as autoridades, representantes do Antigo Réxime e moi comprometidas con Godoy, daban mostras de moi pouco, ou nulo, entusiasmo por levantárense contra os franceses. Esta desconfianza, especialmente con respecto ao capitán xeneral Filangieri, non abandonou nunca aos galegos, incluídos, segundo parece, os seus propios soldados que, temerosos de que entregase o exército de Galicia a Napoleón, o asasinaron pouco tempo máis tarde.[48] (Véxase: Antonio Filangieri).

Levantamento de Santiago[editar | editar a fonte]

O 30 de maio, e por dous condutos, chegaron a Santiago as primeiras noticias do alzamento popular da Coruña. Nesta última cidade estaba destacado o padre Conde, vigairo do convento de Santa Clara de Santiago e confesor do arcebispo-señor de Compostela, que o enviara alí co obxecto de seguir de cerca o rumbo que tomaban os acontecementos.[49] O arcebispo Múzquiz era home de Godoy e, posibelmente, dubidaba sobre o partido que debería tomar. Talvez este exceso de precaución axudou a que se tecese unha lenda negra en torno ao arcebispo sobre a súa posíbel conivencia cos franceses. A acusación máis grave contra o prelado foi a do conde de Toreno, que escribiu que:

"El alzamiento popular de Galicia contra los franceses fue mirado con torvo rostro por el ex ministro de Godoy, D. Pedro de Acuña, y por el Arzobispo. (...) Celosos partidarios del Príncipe de la Paz, asustáronse del advenimiento al trono de Fernando VII y trabajaron en secreto y confiado ahínco por deshacer o embarazar en su curso la comenzada empresa".[50]

Tan pronto como o arcebispo ten noticias dos acontecementos da Coruña, constitúe unha Xunta de armamento e defensa presidida por el mesmo. Segundo López Ferreiro, esta xunta foi constituída esa mesma noite,[51] é dicir, a noite do 30 de maio, o que significaría que a Xunta de Santiago sería a primeira de Galicia. O que si é seguro é que, durante esa noite, foron alertadas varias persoas significadas e, baixo a dirección do capitán Armisén, adoptáronse medidas militares, coma a incautación de armamento. O dia 31 de maio congregouse unha gran multitude na praza do Obradoiro, que foi arengada polo arcebispo en persoa. Ao mesmo tempo, as institucións eclesiásticas (cabido catedralicio, monxes de San Martiño Pinario) reuníronse en secreto para acordar a forma de axudar ao levantamento. Resultado destas xestións foi a entrega inmediata dun millón de reais por parte do cabido e 300.000 do arcebispo co que a xunta podía xa dispoñer de auxilios inmediatos.[52]

Levantamento noutras cidades e vilas de Galicia[editar | editar a fonte]

Desde o momento en que as dúas cidades máis importantes de Galicia naquela época se alzaron contra o francés creouse unha especie de modelo de organización que, en xeral, foi seguido nas distintas cidades e vilas: os promotores do movemento estaban pendentes do que acontecese en Santiago e A Coruña; en canto chega a posta e reciben a noticia, provocan unha especie de acción popular tocando a rebato as campás das igrexas, congregando ao pobo ante a casa do concello, obrigando ás autoridades a pronunciarse diante da xente e constituíndo de inmediato a Xunta.

En poucos días practicamente toda Galicia se pronunciara por Fernando VII e contra os franceses. Como exemplo, podemos ler o sucedido en Tui o 1 de xuño, ao recibirse as noticias do sucedido na Coruña e Santiago, relatado no xornal El Diario de Santiago:

La ciudad llena del más extraordinario gozo se presentó delante del ayuntamiento proclamando a Fernando; con cuyo motivo plausible hubo salvas de artillería y tocó la mayor parte de la noche la música de la catedral.
El Diario de Santiago.[53]

É de supoñer que a ausencia do exército inimigo facilitaría este entusiasmo popular que, seguramente, non sería tanto se xa estivesen en Galicia as divisións de Soult ou de Ney.[54]

A organización do levantamento[editar | editar a fonte]

Ao alzamento en cada cidade ou vila, seguiu sempre a constitución dunha Xunta, titulada de forma diversa, aínda que o máis frecuente era que se denominase Xunta de armamento e defensa, encargada de organizar as accións contra os franceses. Polo xeral, as Xuntas constituíronse pactando entre si as forzas sociais máis importantes do momento. Non houbo un modelo único, polo menos nun primeiro momento. A xeito de exemplo, a Xunta da Coruña estaba formada da seguinte maneira:

  • Representantes do Exército, 11.
  • Representantes da Audiencia, 11.
  • Representantes da Igrexa, 9.
  • Representantes do Concello, 6.
  • Representantes do comercio, 3.
  • Outros, 6.[55]

Á vista desta composición está claro que a primeira Xunta da Coruña procurou manter o poder nas mans dos que sempre o exerceran. Non hai ruptura: non se daba entrada aos burgueses, que foran os que máis interviran nos preparativos do alzamento; non figuraba ningún dos líderes do momento, coma Sinforiano López; dos 46 nomeados, 30 xa pertencían á administración, e 9 eran membros do clero, é dicir, non se albisca ningunha intención de realizar un cambio estrutural; iso viría despois.

En Santiago, porén, a elección de representantes foi obra do arcebispo. Os seus 19 membros distribuíanse así:

  • Clero, 6. O presidente era un arcebispo, que tiña como vicepresidente un cóengo.
  • Universidade, 3.
  • Comercio, 3.
  • Fidalgos rendistas, 3.
  • Concello, 1. (Xa López Ferreiro indicou que a ausencia de rexedores municipais podería explicarse polo contencioso pendente entre Arcebispado e Concello, aínda que é posíbel que tamén se debese á desconfianza que algúns membros do Concello provocaban no pobo.[56]
  • Outros (posibelmente militares e xuíces), 3.

En Vigo a Xunta, titulada subalterna e consultiva, constituíuse da seguinte forma:

  • Militares:
    • Xefes dos corpos de gornición da praza.
    • Comandante de Mariña.
    • Auditor de Mariña.
    • Asesor de guerra.
    • Sarxento maior da praza.
  • Administración:
    • Administrador de Rendas.
    • Administrador de Correos.
    • Capitán do porto.
  • Nobreza, 2 representantes.
  • Comercio, 2 representantes.
  • Clero, 1 representante.

Neste caso, o predominio do exército e do funcionariado é practicamente total.

Que a designación de representantes destas Xuntas foi argallada entre os dirixentes aparece claro nunha denuncia presentada polo concello de Santiago ao gobernador militar da Coruña. Referíndose á Xunta de Santiago pregunta:

"¿En dónde, cuándo o por quién fueron creados sus vocales? ¿Qué hombres buenos electos por las parroquias según práctica establecida y mandada observar, muchos años ha, por el Supremo Consejo han concurrido para hacer su nombramiento? ¿Qué justicia, o qué ayuntamiento ha presidido esta creación? ¿Por ventura hubo en un asunto de tanta gravedad otra formalidad, ni otro orden, que el de una simple lista sacada del bolsillo del oficial Armisén, vista de todo el mundo?" [57]

A Xunta Suprema do Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Constitución e composición[editar | editar a fonte]

A Xunta local da Coruña manifesta, desde o primeiro momento, a súa pretensión de se converter no núcleo dunha futura Xunta do Reino. Nun comunicado enviado polo presidente da Xunta Francisco de Biedma ás sete cidades con representación na Xunta do Reino o mesmo 31 de maio, dicía que

"no pudiendo por sí solo este pueblo determinar lo que será más útil y conducente al Reyno, ha acordado se junte éste inmediatamente en Cortes en esta capital, y que en su consecuencia nombre V.S. un diputado con poderes ilimitados para resolver en unión todo lo que pueda conducir a la felicidad de Reyno".

É dicir, a Xunta da Coruña, que en realidade era meramente local, convoca a Cortes para constituír unha Xunta Superior.

E aínda máis: o 2 de xuño acorda o seguinte:

"Ha determinado la Junta, después del más detenido examen, resolver y declararse por Suprema y Gubernativa en el Reyno de Galicia a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo, sin perjuicio de los derechos de dicho Reyno, llegando a juntarse; lo cual se noticie a las ciudades, advirtiéndolas que no obedezcan las órdenes que se les comunique por el gobierno actual de Madrid, sino las de esta Suprema y las del General en Jefe del Ejército el Excmo. Sr. D. Antonio Filangieri a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo".[58]
Pedro Cisneros de Castro, conde de Ximonde.
Pazo de Ximonde, na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra).
Pazo de Aballe (ou Avalle), no lugar da Feira, na parroquia de Santa María de Salceda.

Este acordo é da maior importancia, xa que unha xunta local, que acaba de convocar a unha especie de Cortes de Galicia, sen esperar sequera a esta reunión, autoproclámase Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia a arrógase o dereito a ditar providencias a todas as demais xuntas. Loxicamente estas medidas incomodaron ás outras xuntas locais, especialmente á de Santiago, que se sentía preterida (o arcebispo estimaba que el tería que ser o Presidente da Xunta Suprema de Galicia), e que seguiu exercendo pola súa parte un poder practicamente soberano, iniciando deste xeito unha guerra aberta entre ambas as Xuntas.

O día 5 de xuño reuníronse na Coruña os representantes das sete cidades con voto na Xunta do Reino, convocada por Biedma o 31 de maio. A representación das sete cidades foi a seguinte:

Froito da primeira reunión foi unha proclama, asinada o mesmo 5 de xuño, na que se reafirmaban no seu carácter de soberanas (ante a ausencia de Fernando VII) e declaraban que os obxectivos supremos do alzamento eran a defensa da relixión, da patria e das vidas e facendas do pobo.

Actuacións da Xunta[editar | editar a fonte]

A Xunta Superior estivo vixente até a chegada dos franceses a Galicia, en xaneiro de 1809 e, neste curto período de tempo, apenas seis meses, efectuou diversas e importantes actuacións, que se poden reunir en tres apartados:

Militares[editar | editar a fonte]

A Xunta asumiu o alto poder militar aínda que, como é natural, delegouno nunha Xunta de Guerra constituída por militares. Pero é a Xunta quen promove os alistamentos voluntarios e forzosos, efectuando un reparto máis ou menos proporcional dos efectivos segundo a poboación de cada provincia. Segundo este, correspondían a cada provincia:

O capitán xeneral Joaquín Blake.
Efectivos mobilizados pola Xunta Suprema de Galicia [59]
Provincias Homes
Santiago 13.333
Lugo 6.666
Ourense 6.666
Betanzos 3.611
Mondoñedo 3.611
Tui 3.611
A Coruña 2.502
Total no Reino de Galicia 39.400

O espírito militar que, como se vería posteriormente durante a guerra, animou á poboación galega, non debía de estar moi arraigado en xuño de 1808, xa que moitos dos chamados a filas procuraron escapar da patriótica chamada empregando os máis variados métodos, mesmo a automutilación, como se deduce dun documento militar da época:

..."que destinen al Regimiento de Artillería a todos los mozos a quienes falte el dedo índice como pena del enorme delito que han cometido de procurar hacer inútiles para el Real Servicio".[60]

Ademais deste labor de recrutamento, hai que destacar que a Xunta se reservou o nomeamento dos mandos, polo menos dos superiores, como o demostra o feito da substitución de Filangieri por Blake.

Correspondeulle tamén á Xunta todo o referente á intendencia do exército e a organización de corpos coma o de reserva ou o das Milicias Urbanas.

Facenda[editar | editar a fonte]

Durante a súa actuación, a Xunta non fixo reformas substanciais no sistema contributivo. Tampouco creou un plan racional e extraordinario de recadación de fondos; simplemente preferiu basearse en tres aspectos:

  • Cobranza dos impostos tradicionais.
  • Administración das rendas procedentes dos bens incautados ás persoas que fuxiran, ou que foron acusadas de afrancesadas.
  • Administración de donativos internos ou externos.

Aínda que non se poden cuantificar as entradas e saídas de diñeiro durante o período de goberno da Xunta (do 5 de xuño de 1808 a xaneiro de 1809), sí é posíbel enumerar algunhas achegas salientábeis:

  • Inglaterra: préstamo de máis de 30 millóns de reais.
  • O clero participou voluntariamente cunha serie de doacións importantes:
    • Cabidos de Galicia: uns 2 millóns e medio de reais.
    • Mosteiros: máis dun millón.
  • Institucións:
    • Real Consulado: máis de 300.000 reais.
    • Universidade de Santiago: máis de 300.000 reais.
  • Particulares: case un millón de reais.[61]

Política internacional[editar | editar a fonte]

A Xunta, como depositaria da soberanía, comportouse cara ao exterior como un reino independente. Enviou a Portugal ao brigadier Genaro Figueroa, con poderes e acreditacións, para que contactase cos patriotas portugueses xa en guerra cos franceses. O resultado foi un pacto asinado no Porto o 4 de xullo de 1808 cuxo preámbulo rezaba:

"Artículos preliminares de una nueva y perpetua alianza ofensiva y defensiva entre las dos naciones española y portuguesa, justada por los dos poderes reales, actualmente existentes, en la soberanía de España, representada en el Gobierno de Galicia, en nombre de su Augusto Soberano D. Fernando VII, y la Junta del Supremo Gobierno, instituída en la ciudad de Oporto en nombre del príncipe Regente de Portugal".[62]

No pacto, acordábase loitar pola restitución da soberanía aos seus lexítimos monarcas, expulsando aos franceses. Galicia comprometíase a axudar ao exército portugués até "arrojar (...) la tiranía francesa". á súa vez Portugal comprometíase a axudar a España cando se vise libre. Rogábase a Inglaterra que garantise o pacto. Foi asinado, por parte portuguesa, polo bispo do Porto como Presidente da Xunta de Goberno establecida nesa cidade, e por parte de España polo brigadier Figueroa. Aínda que a Xunta do Reino de Galicia actuaba como soberana, non era a súa intención, evidentemente, declararse como país independente, senón que o facía en canto a que consideraba que era posibelmente a única parte libre de España, daquela ocupada case por completo por un exército estranxeiro. É dicir, a Xunta de Galicia consideraba que, nese momento, representaba a soberanía española.[63]

A outra fronte de actuación da diplomacia galega foi Inglaterra. O 16 de xuño de 1808 foron designados como representantes ou embaixadores da Xunta perante a corte de San Xaime Xoaquín Freire de Andrade e Francisco Bermúdez de Castro e Sangro:

"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará instruido".[64]
Lord Stuart de Rothesay (sir Charles Stuart) retratado en 1830.

As peticións que o reino de Galicia transmitía por medio do seu delegado ao Reino Unido eran as seguintes:

  • Apoio militar a Portugal.
  • Auxilios de municións, víveres e diñeiro.
  • Liberdade de comercio desde Galicia a América do Sur, xa que a causa da ocupación de España por Francia, Inglaterra puxera cerco ao comercio que saíse dos portos españois ou entrase por eles.
  • Liberdade para os presos españois en Inglaterra.
  • Posibilidade de que retornase a Galicia o exército que ao mando do Marqués de la Romana estaba en Dinamarca.

A resposta do goberno inglés foi plenamente satisfactoria, xa que se comprometeu a enviar a Portugal un exército ao mando do xeneral Wellesley, obrigouse a transportar o exército de Dinamarca, liberou os prisioneiros, asegurou a libre navegación e comezou a enviar municións e diñeiro, desprazando a Galicia, ademais, a sir Charles Stuart con carácter oficial de embaixador. Os envíos de diñeiro tiñan, naturalmente, varias contrapartidas. Ademais da liberdade de comercio que conseguiu Inglaterra a partir dese momento, que facilitou a entrada masiva de lenzos ingleses con notábel prexuízo para a burguesía galega, as remesas de diñeiro, sen xuros, estaban ben aseguradas.[65] Nun documento datado o 29 de xullo de 1808 e transcrito por Díaz Otero podemos ler as condicións do empréstito:

"El Reyno de Galicia, Potestad Suprema y Soberana de él, en nombre de S.M. el Sr. D. Fernando VII, su rey legítimo (...) preso y detenido en Francia (...) declara: Haber recibido de S.M. el Sr. D. Jorge III, rey del Reyno Unido de la Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, por entrega de su enviado Extraordinario el Caballero Don Carlos Stuart arribado a este puerto en la fragata Algimene, la cantidad de ochocientos treinta y oho mil ochocientos ochenta y tres y tres cuartos pesos fuertes, moneda de cuño español (...) que ha tenido la generosidad de prestarle sin interés y con calidad de reintegro (...) constituye todos los Estados de esta Monarquía, su Patrimonio Real y Rentas por garantía, obligación e hipoteca general (...) y señaladamente las de este Reyno de Galicia, y por hipoteca especial asigna las rentas del tabaco y la sal de este mismo Reyno y las contribuciones impuestas o que se impongan en lo sucesivo".

Do éxito da embaixada galega faise eco o historiador conde de Toreno:

"De Inglaterra llegaron también a Galicia prontos y cuantiosos auxilios. Su diputado D. Francisco Sangro fue honrado y obsequiado por aquel Gobierno, y se remitieron libres a La Coruña los prisioneros españoles que gemían hacía años en los pontones británicos. Arribó al mismo puerto Sir Charles Stuart, primer diplomático inglés que en calidad de tal pisó el suelo español. La Junta (de Galicia) se esmeró en agasajarle y darle pruebas de su constante anhelo por estrechar los vínculos de alianza y amistad con S.M.B".[66]

Relacións con outras Xuntas españolas[editar | editar a fonte]

Así como se enviaran embaixadores a Portugal e Inglaterra, a Xunta tamén enviou un delegado para que contactase coas principais Xuntas de España. Foi elixido para esta delicada misión (xa que se trataba, por un lado, de evitar as suspicacias das demais xuntas, pero tamén de facer notar que a de Galicia estaba máis organizada que as outras) o tenente coronel Manuel Torrado, que saíu da Coruña o 24 de xuño e visitou Cádiz, Sevilla, Cartagena, a un delegado de Cataluña que estaba nesta cidade, Murcia e Valencia, entrevistándose tamén coas autoridades militares inglesas en Xibraltar. Regresou á Coruña no mes de setembro do mesmo ano.

Por outra parte, e xa desde o primeiro momento, houbo relacións continuas coas Xuntas de Asturias e León. A presenza de franceses nesta última provincia determinaría que a Xunta de Galicia apoiase polo xeral as peticións da Xunta de León de auxilios de municións, homes e diñeiro, xa que a mellor defensa de Galicia era a contención do inimigo naquela provincia. En certa maneira foron estas xuntas as que sementaron a idea dunha Xunta Central, da que sería un precedente o Tratado de Unión entre os reinos de Castela, León e Galicia, asinado o 10 de agosto de 1808.[67]

Os puntos establecidos neste tratado eran os seguintes:

  • Recoñecemento da soberanía de Fernando VII.
  • Compromiso de seguir a guerra contra Napoleón.
  • Mantemento das leis vixentes.
  • Os negocios serían decididos polos maxistrados públicos, conforme á lei e á tradición.
  • En ausencia do rei, toda a autoridade quedaba na Xunta Soberana. Esta Xunta estaría formada da seguinte maneira:
  • Os 7 representantes das 7 cidades de Galicia con voto na Xunta do Reino, máis o bispo de Ourense e outras tres persoas a designar.
  • Representando a Castela e León estarían 3 individuos das Xuntas de cada un dos reinos, un por cada provincia destes, e Antonio Valdés.
  • Habería un presidente rotatorio con mandatos mensuais.
  • A sede da Xunta sería inicialmente a cidade de Lugo.
  • As débedas e os sacrificios serían compartidos polos tres reinos.
  • Convidábase aos demais reinos a unírense.

Pero a aparición doutro proxecto que callaría na Xunta Central fixo ineficaz este tratado que, na práctica, só funcionou respecto de formular o asunto da integración, ou non, nesta Xunta Central e, despois, para designar os representantes dos tres reinos nela (por Galicia foron nomeados o conde de Ximonde e Manuel María Avalle.[68]

A Xunta de Galicia e Ultramar[editar | editar a fonte]

González López dá a noticia do nomeamento que a Xunta Suprema do Reino de Galicia fai de Pascual Ruiz Huidobro,[69] tenente xeneral, como Vicerrei do Prata.[70] O nomeamento leva data do 23 de agosto de 1808. A Xunta de Galicia, ao ter coñecemento da destitución do vicerrei Sobremonte, nomeou para que ocupase o seu posto a Ruiz Huidobro, a quen enviou a Buenos Aires. Huidobro logrou sortear con éxito as intrigas da Infanta Carlota Xoaquina de Borbón (que aspiraba a que a elixisen raíña de Arxentina, Perú e Chile), que o intentou enviar de regreso á Península. Pero, cando chegou, encontrouse con que o cabido nomeara xa a Liniers, quen se negou a entregar o mando ao recentemente chegado. Como o seu nomeamento non era moito máis regular que o de Liniers, contentouse co cargo de inspector de armas do vicerreinado.

Evidentemente, parece que a Xunta tomara moi en serio a súa condición de soberana.

Disolución da Xunta Suprema[editar | editar a fonte]

As novas autoridades afrancesadas[editar | editar a fonte]

A invasión de Galicia polos franceses e, sobre todo, a ocupación da cidade da Coruña significou a disolución da Xunta Suprema do Reino de Galicia, que tiña a súa sede naquela cidade. A partir dese momento produciuse unha duplicidade de poder. Nas cidades e vilas dominadas polos franceses nomeáronse rexedores e xefes de policía afectos ao poder francés. Nas zonas non ocupadas ou non dominadas seguiron a exercer o mando as autoridades anteriores que, en moitas ocasións, foron o xerme da contestación aos franceses e mesmo, nalgún caso, os que programaron o alzamento en armas.

Unha vez máis verificábase o proceso de selección de poder que ten lugar nas grandes conmocións políticas. As comunidades nesas circunstancias encontran un líder, un xefe que acapara todo o poder: militar, administrativo, e mesmo o xudicial, sen necesidade de leis ou regulamentos, chegando a ditar sentenzas de morte contra os traidores e os espías.

Cómpre dicir que as autoridades nomeadas polos franceses non funcionaron, sexa por escaso celo, sexa pola resistencia dos subordinados ou ben por careceren de suficiente poder coercitivo. Só nalgunha cidade, coma Santiago, na que había un club afrancesado moi importante, dirixido por Pedro Bazán de Mendoza,[71] chegou a constituírse unha administración enteiramente francesa. Pero incluso nesas circunstancias o poder real (o que outorga a aceptación dos súbditos) non o exercían estes, senón outras persoas (coma o cabido ou a antiga corporación municipal) que de feito mantiñan unha influencia constante sobre a poboación.

A resistencia popular, que empezou a partir do día seguinte da ocupación total de Galicia, impediu aos franceses sentar as bases dunha administración municipal xa moi acreditada en Francia. A guerra esixirá a atención constante e total dos invasores e, deste xeito, non poderían prestar o apoio necesario a estas autoridades-monicreques. A medida que a resistencia foi recuperando territorio houbo necesidade de crear novas Xuntas locais (formadas sempre polos fidalgos do lugar, os clérigos máis destacados e, nalgunha ocasión, por campesiños) que serían o poder real de Galicia namentres durou a guerra. Estas xuntas adoptaron medidas económicas, solicitando préstamos para adquiriren armas e municións, impoñendo impostos aos veciños, nomeando os xefes militares, dando as ordes necesarias para que se mantivese a tranquilidade pública e mesmo ditaminando sobre as grandes medidas militares a tomar cando a operación desbordaba os límites da responsabilidade do xefe. Funcionaba, pois, con absoluta independencia.[72]

A Xunta de Lobeira[editar | editar a fonte]

Mentres que de feito a organización dos territorios non ocupados polos franceses estaba en mans destas Xuntas locais, tanto na Xunta Central coma en Galicia estimábase a conveniencia de constituír un poder central galego que organizase adecuadamente a guerra contra o invasor. A este respecto había dúas opcións: a de entregar todo o poder ao Marqués de La Romana, ou a de constituír unha nova Xunta do Reino. A primeira era inviábel, dado que o marqués, seguramente por razóns tácticas militares, andaba sempre errante dun lugar para outro fuxindo do inimigo, e non era isto o máis conveniente para exercer a alta dirección da guerra. Posibelmente isto debeu quedar claro na reunión que, a finais do mes de xaneiro de 1809, tiveron en Monterrei o cóengo Manuel Acuña e Malvar, o tenente coronel Manuel García del Barrio e o alférez Pablo Morillo, que a Xunta Central enviara a Galicia para excitar os ánimos para a rebelión. E a segunda tampouco era viábel naquelas circunstancias; estando ocupadas todas as cidades de Galicia e as vilas máis importantes era imposíbel a súa constitución. De aí que se decidisen por unha terceira solución: a de elevar unha das innumerábeis Xuntas comarcais á cabeza de todas as demais.[73]

A Xunta de Lobeira, do partido de Bande, Ourense, fora constituída grazas ao tesón de José Joaquín Márquez, administrador de rendas da Boullosa, no Couto Mixto. A situación desta Xunta, case na raia de Portugal, dáballe unha especial seguridade (polo menos, teórica). En principio era unha xunta comarcal coma as demais, pero despois de ampliada integrando nela a persoas relevantes da comarca, adquiriu gran prestixio, especialmente cando aceptou presidila Pedro Quevedo y Quintano, bispo de Ourense, cuxo nomeamento foi aprobado polo marqués de La Romana. Tamén formou parte dela García del Barrio, delegado da Xunta Central, co que indirectamente recibía o referendo da máxima autoridade política do momento en España. Porén, a Xunta de Lobeira só exerceu un control directo sobre as xuntas locais e comarcais do sur das provincias de Ourense e Pontevedra: a distancia con respecto ás xuntas do norte facía inviábel unha supremacía sobre as demais.[74]

Anexo: Constitución da Junta de Lobera. 27 de marzo de 1809[editar | editar a fonte]

Esta Junta reunida en la villa real de Lobera, compuesta de los vocales D. Manuel Martinez Rao, Abad, cura párroco de San Martin de Araujo, alcaldia de Lobios; el Teniente coronel de Andalucia D. Manuel García del Barrio, comisionado por la Suprema Junta Central; D. José Martinez, Auditor y Consultor; don Roque Francisco de Trava, Cura párroco de Villanueva de los Infantes; el Licenciado D. Bernardo Antonio González, Cura párroco de Payo de Abades; D. Luis Garcia Montenegro, Ministro de Hacienda; D. Francisco Carrión, Abogado de la Audiencia de este Reyno; el Comandante General del partido de Trives y su comarca; D. Juan Antonio de Ribera y Travieso, Abad de San Mamed de Grou (Lobios); D. Manuel Rodriguez Pérez, Abogado de los Reales Consejos, tesorero; D. Fray Francisco Carrascón, predicador del número del Orden de San Bernardo en el Convento de Melón, Comandante General de los patriotas del Rivero; D. Benito Fernandez Ojea, Abogado de Cámara del Ilustrísimo Señor Quevedo, Secretario de la Junta, y demás individuos de ella autorizados por la superioridad, con las mas amplias y legítimas facultades, dispone y ordena lo siguiente:

Siendo indispensable el armamento para el segundo Batallón del Regimiento de voluntarios de Lobera, que se está formando, y los demás cuerpos que á lo sucesivo se formen; recogerán y remitirán a esta Junta los Caudillos, y por su ausencia ó impedimento legitimo los jefes que le sigan en el comando, todos los fusiles, municiones y piedras de chispa que haya en sus respectivos caudillatos y deban estar en poder de sus súbditos.
A este objeto recogerán también las justicias las armas, tanto de fuego como de corte y punta que tengan sus jurisdiccionales, u otras cualesquiera personas que vivan dentro de sus jurisdicciones, aunque sean las más privilegiadas, sin distinción de que pertenezcan al Estado o particulares, dando recibo de su entrega a sus dueños y retenedores, y las remitirán a la Junta, con lista testimoniada del número de ellas y su pertenencia.
Todo lo cual cumplirán unos y otros en la parte que les toca, en el perentorio término de ocho días, bajo las severas penas que por su omisión u ocultación maliciosa se impondrán a los infractores, con miramiento a la crítica situación en que se halla nuestra afligida patria.
Remitirán asimismo las justicias, razones o estados los más exactos de toda especie de contribuciones o efectos reales de sus respectivas jurisdicciones dentro del término que va asignado, bajo el apercibimiento indicado, especificando cuáles sean sus colectores y depositarios; y prevendrán a estos se presenten dentro del referido término a rendir cuentas en la Junta de los efectos cobrados y vencidos, documentándolas con los últimos recibos e incluyendo en ellas los productos de las Bulas del año próximo pasado de ochocientos y ocho.
Igualmente darán razón de todos los fondos públicos, eclesiásticos, píos y temporales, cualesquiera que sea su destino u objeto a que deban ser aplicados según su naturaleza o primitiva fundación: y de los Administradores y Mayordomos que perciban en sus respectivos distritos jurisdiccionales rentas, derechos u otros cualesquiera emolumentos pertenecientes a señores particulares ausentes de este Reino de Galicia. Y para que tenga efecto tan importante objeto y breve ejecución, las justicias del margen circularán esta sin pérdida del menor momento, poniendo recibo a continuación, con expresión de la hora en que se recibe, y despacho a la siguiente, remitiéndola la última a esta Junta para su reconocimiento.

Dios guarde V. md. muchos años.
Lobera, Marzo 27 de 1809.

Roque Francisco de Trava, Vice secretario
Como Comandante de los Caudillos, Francisco de Haro.

Licenciado Francisco Ojea, Secretario.[75]

Galicia libre de franceses[editar | editar a fonte]

Tenente xeneral Pedro Caro y Sureda, 3º marqués de La Romana, Capitán Xeneral de Galicia en 1809.

A partir da saída dos franceses do país, o Capitán Xeneral de Galicia recuperou o poder que anteriormente exercera. Ao rematar a guerra había dúas posibilidades: constituír unha nova Xunta do Reino de Galicia (que era a opción preferida polas clases máis elevadas, en opinión de González López,[76] e que ao parecer contaba co apoio dos ingleses) ou o devolverlle o poder ao Capitán Xeneral.[77]

O conde de Noroña, Gaspar María Nava y Álvarez de las Asturias, segundo comandante do Exército do Reino de Galicia, foi moi explícito nas súas intencións cando publicou en Santiago o bando do 29 de maio de 1809:

"Con mi venida ha cesado el exercicio de las autoridades que no sean lexítimas. La única superior de este Reyno es la del Excelentísimo Señor Marqués de La Romana como Capitán General del mismo, y presidente de su Real Audiencia. Fuera de esta potestad, ninguna otra de su clase debe ser obedecida, y sólo yo puedo suplirla en sus ausencias, y como Segundo Comandante General comunicar sus órdenes. Los que se han valido del sagrado nombre del Rey para defender su causa y el de la Nación reunirán al mérito que han contraído el de la sumisión, para engrandecer el premio de su fidelidad, y los testimonios de su amor a la Patria".[78]

O bando ten o seu aquel. Parece inusitado que o poder militar que durante a epopea popular de Galicia se mantivera á marxe, que non lograra neses meses nin unha soa vitoria, que todo o deixara á responsabilidade do pobo, viñese agora, chegado o momento da vitoria, a suplantar a todas as Xuntas, impoñéndose a elas e concentrando todo o poder no Capitán Xeneral.

A operación tiña seguramente maior intención. O Marqués de La Romana, cuxo pensamento político se coñece ben pola súa Representación á Xunta Central:[79] era un absolutista. Temía que, ao socairo das circunstancias políticas, se introducisen novos poderes representativos do pobo. Todo o que cheirase a xuntismo, asemblea do pobo, terceiro estado, etc., dáballe noxo. Home doutro mundo, doutro tempo, nunca aceptou esa avalancha do pobo nos mandos do exército e, sobre todo, na organización da sociedade. Por iso deu instrucións precisas ao seu segundo que, sen dúbida, participaba das mesmas ideas, para que, ao terminar a guerra en Galicia, recuperase a plenitude do poder do Capitán Xeneral, como antigamente se exercera.

Constitución da Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia[editar | editar a fonte]

Aínda que Galicia xa estaba libre de franceses, a súa presenza noutras partes de España, e a posibilidade de que realizasen unha nova ofensiva, fixeron que moitos persoeiros e institucións pensasen que era oportuna a creación dunha Xunta en previsión do que puidese suceder. E a pesar de que o conde de Noroña era abertamente contrario á creación de xuntas, o Goberno da nación española creu que era oportuna a súa constitución. A argumentación do Conde sitúase dentro do seu horizonte político de defensa dos poderes centrais:

"La Junta Suprema sabe que el discutir las leyes, organizar las provincias y aprobar y desaprobar los arbitrios son peculiares a su institución y soberanía. En las provincias no necesita sino de los executores de su voluntad. Una Junta Suprema en cada una de ellas no sirve más que para entorpecer el despacho de los negocios por mucho celo que haya. (...) Las Juntas fueron, ya no son útiles, los tiempos son diferentes, por consiguiente no debe en uno y otro convenir la misma cosa".[80]

Pero pese a esta opinión contraria do Segundo Comandante do Exército de Galicia, as forzas vivas do país solicitárona.[81]

A Xunta formouse, e o 17 de decembro de 1809 fíxose público o seu regulamento, no que se establecían as condicións e competencias destas xuntas:

  • As Xuntas dedicaríanse exclusivamente ao armamento e á defensa do país, e a unha serie de competencias en materia de facenda en inmediata relación co exército.
  • A Xunta Superior constituiríana 29 persoas, presididas polo Capitán Xeneral de Galicia e con representacións do Exército, a Igrexa e das sete cidades. En total, 20 representantes de institucións e cidades e 9 representantes do clero secular e regular.
  • As Xuntas subalternas ou de partido estarían formadas por 9 persoas.

As diferenzas entre a Xunta Superior e a Xunta Suprema do Reino de Galicia, que desaparecera de feito en decembro de 1808, son moi claras. A Xunta Superior estaba supeditada á Central. Non pretendía ostentar a soberanía, nin representar a Galicia perante ningún organismo superior. Tratábase simplemente dunha especie de delegación da Xunta Central para os asuntos da guerra e da facenda concomitantes coa guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia, pp. 17-18.
  2. As Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena foron unha intendencia española (provincia) cuxa creación se iniciou contra 1767, durante o reinado de Carlos III, e que foi suprimida en 1813. Durante a súa existencia foi a "quinta provincia andaluza", co mesmo nivel político e administrativo que os catro reinos de Andalucía: Córdoba, Xaén, Sevilla e Granada. Véxase: Hamer, A. (2009).
  3. Barreiro Fernández, Xosé Ramón: "Historia política", in X. R. Barreiro Fernández et. al. (1984): Los Gallegos. 2ª ed. Madrid: Ediciones Itsmo, p. 132.
  4. Río Barja, F. J. (1985): "La delimitación provincial de Galicia en siglo XIX", Bol. Univ. Santiago, 66, p. 47.
  5. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma, pp. 16-17.
  6. Real Resolución de 27 de novembro de 1773, citada por Fernández-Villamil Alegre, Enrique (1962): Juntas del Reino de Galicia. Historia de su nacimiento, actuaciones y extinción. Madrid: Instituto de Estudios Políticos, I, p. 506.
  7. Barreiro (1982), pp. 18-19.
  8. Ley 17/1999, de 18 de mayo, de Régimen del Personal de las Fuerzas Armadas.
  9. Barreiro (1982), p. 19.
  10. Ordenanza de 4 de xullo de 1718.
  11. Artola, Miguel (1991): Enciclopedia de Historia de España. Tomo V, pp. 678-679. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5294-6
  12. Alonso Álvarez, L. (1976): Industrialización y conflictos sociales en la Galicia de Antiguo Régimen, 1750-1830. Madrid: Akal, pp. 89 e ss.
  13. Barreiro (1982), pp. 19-21.
  14. WordReference.com Diccionario de la lengua española. Corregidor
  15. Barreiro (1982), p. 21.
  16. José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España, I, p. 301
  17. Juan Francisco de Castro Fernández 1721-1790 Biografía
  18. Dopico Gutiérrez del Arroyo, Fausto: "Juan Francisco Castro, un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal", Grial, tomo 14, nº 53, xullo-setembro 1976, pp. 356-360.
  19. Meijide Pardo, Antonio: "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático, fundador de la Biblioteca del Real Consulado". Anuario Brigantino, 2002, nº 25, pp.261-274.
  20. Labrada, José Lucas (1804): Descripción económica del Reyno de Galicia. Ferrol: Impr. de Lorenzo José Riesgo Montero, p. 27. [1]. Reeditado en 1971 pola Editorial Galaxia, Vigo.
  21. Constatación empírica do súa asociación simbiótica con "rizobios" (bacterias fixadoras de nitróxeno, da familia das rizobiáceas), que forman nódulos nas raíces destas plantas.
  22. Meijide Pardo, Antonio M. (1960): La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII. Madrid: Instituto Balmes de Sociología, p. 19.
  23. Pérez García, José Manuel (1979): Un modelo de sociedad rural del Antiguo Régimen en la Galica costera: la Península del Salnés (Jurisdicción de La Lanzada). Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Historia Moderna.
  24. Barreiro (1982), pp.29-30.
  25. Escribe Barreiro (1982) que "la familia Acuña y Malvar, naturales de Salcedo (Pontevedra), tenía muy bien dispuestos sus efectivos políticos ya que cubrían todos los frentes políticos del momento. El ex-ministro y clérigo D. Pedro era del grupo de Godoy, D. Manuel era exaltado liberal. D. Andrés era exaltado reaccionario. Cualquiera que fuera la línea política triunfante siempre había un Acuña y Malvar dispuesto a servir al país".
  26. Amado López, José María e José Antonio Vázquez Vilanova: "Participación del clero de Santiago en la difusión del liberalismo: un fenómeno minoritario pero muy significativo", in Balboa López, Xesús e Herminia Pernas Oroza (eds.) (2001): Entre nós. Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-969-X, pp. 969-980. [2]
  27. Barreiro (1982), pp. 31-32.
  28. Barreiro (1982), pp. 33-34.
  29. Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 7-8.
  30. Francisco de Paula Antonio de Borbón y Borbón-Parma nacido en Madrid o 10 de marzo de 1794 era o menor dos fillos de Carlos IV e María Luisa de Parma. Coa cidade ocupada polos franceses e os reis e o resto da familia real camiño de Baiona, á primeira hora do 2 de maio de 1808 saíu o infante de Palacio, transportado nun coche. Un cerralleiro, Blas Molina, penetrou entón no edificio e saíu a un dos seus balcóns gritando á multitude de desocupados e curiosos que observaban o acto: "Traición! Quitáronnos ao noso rei e queren levar tamén a todas as persoas reais! Morte aos franceses!" De tal xeito, Francisco de Paula serviu de detonante e coartada do célebre levantamento do dous de maio. En calquera caso, o infante acompañou aos seus pais no seu exilio en Francia e Roma. Afeccionado ás artes e decidido protector delas, foi membro honorario e meritorio da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e deixou pintados varios cadros de valía. En 1815, os diplomáticos representantes en Europa das Provincias Unidas del Río de la Plata proxectaron coroalo como rei dun hipotético Reino Unido del Río de la Plata, Perú y Chile, co posíbel apoio de Carlos IV. Pero o plan non pasou de proxecto, e nin sequera foi seriamente tratado no Río da Plata, pese a que os dous diplomáticos que o idearon fosen personaxes tan influentes como Manuel Belgrano e Bernardino Rivadavia. O infante morreu en Madrid en 1865.
  31. Chastenet, Jacques (1953): Godoy Master Of Spain 1792 1808. London: The Batchworth Press. [3]
  32. Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 9-11.
  33. Desdevises Du Dézert, Georges (1899): L’Espagne de l’ancien régime: les institutions. París: Société française d'imprimerie et de librairie.
  34. Artola (1973), p. 12.
  35. Fernández de Pinedo, E. et al. (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor, p. 271.
  36. Artola (1973), p. 13.
  37. Barreiro (1982), p. 51.
  38. Artola (1973), pp. 14-15.
  39. Instrucciones del Conde de Floridablanca a la Junta de Murcia, para la erección de la Suprema Central del Reino. Murcia, 19 de agosto de 1808.
  40. Etchepareborda, Roberto (1972): Qué fue el carlotismo. Buenos Aires: Ed. Plus Ultra.
  41. Carlota Xoaquina Tereas de Borbón e Borbón-Parma (25 de abril de 1775 – 7 de xaneiro de 1830), infanta de España, era a filla primoxénita do rei Carlos IV. Con apenas dez anos de idade foi obrigada a casar co príncipe Xoán de Braganza (futuro Xoan VI de Portugal), segundo fillo de María. En 1808 Xoán VI dispuxo a fuxida, rumbo a Brasil, da familia real portuguesa, e entre 1808 e 1812, Carlota Xoaquina pretendeu substituír ao seu irmán Fernando VII como rexente de España namentres durase a prisión deste e a usurpación do trono español por parte de Xosé Bonaparte. Alegaba Carlota ser a única integrante da familia de Carlos IV que non estaba apresada polos franceses. A súa proximidade ao vicerreinado do Río da Prata provocou a creación dun partido carlotista en Buenos Aires, que pretendía valerse de Carlota Xoaquina para conseguir a independencia do territorio do Río da Prata. En efecto, Carlota aspiraba tamén a aproveitar a invasión napoleónica de España para se asegurar un trono para si mesma en América do Sur. A interferencia da diplomacia británica e a política expansionista do seu esposo fixeron fracasar o proxecto. Xoán VI determinou que, se a súa esposa era proclamada rexente de España, entón o propio rei portugués tería dereitos sobre o Vicerreinado do Río da Prata como esposo da rexente. Esta insinuación de Xoán VI fixo que o plan perdese todo apoio en Buenos Aires, onde non se desexaba caer baixo dominio portugués. Por outra parte, a ocupación francesa en España facía que Gran Bretaña rexeitase a existencia dunha rexente española en Buenos Aires.
  42. Baugmarten, Herman (1868-1871): Gechichte Spaniens zur Zeit der französischen Revolution bis auf unsere Tage. Leipzig: Hirzel, 3 partes en 4 vols. en p. 312.
  43. Fernández de Pinedo, E. et al. (1980), p. 271.
  44. Díaz Otero, Antón (1981): Orígenes, estructura y evolución de la Junta Suprema de Galicia, 1808-1813. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, pro ms., pp. 33 e ss.
  45. Barrerio (1982), p. 45.
  46. Díaz, Op. cit.
  47. Díaz, Op. cit.
  48. Barreiro (1982), p. 46.
  49. Amado López, J. M. (1996): El pontificado compostelano de D. Rafael Múzquiz y Aldunate, 1801-1821. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Tese de Licenciatura, pro ms.
  50. Conde de Toreno (1835): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España. Tomo I, p. 208.
  51. López Ferreiro, Antonio (1909): Historia de la S.A.M.I. de Santiago, Tomo XI, p. 127.
  52. Barreiro (1982), pp. 47-48.
  53. Díaz, Op. cit., p. 25.
  54. Barreiro (1982), pp. 48-49.
  55. Díaz, Op. cit., p. 30.
  56. López Ferreiro, Op. cit.
  57. Díaz Op. cit. pp. 45-46.
  58. Díaz, Op. cit. pp. 45-46.
  59. Barreiro (1982), p. 54.
  60. Barreiro (1982), p. 56.
  61. Barreiro (1982), pp.56-57.
  62. Diario de la Coruña do 10 de xullo de 1808.
  63. Barreiro (1982), pp. 57-58.
  64. Díaz, Op. cit. p. 162.
  65. Barreiro (1982), p. 59.
  66. Conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808), pp. 61-62.
  67. Barreiro (1982), pp. 60-61.
  68. Barreiro (1982), pp. 60-61.
  69. Ruiz Huidobro
  70. González López, Emilio (1975): El águila gala y el búho gallego. La insurrección gallega contra los franceses. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
  71. Barreiro (1982), p. 126.
  72. Barreiro (1982), pp. 125-126.
  73. Barreiro (1982), pp. 126-127.
  74. Barreiro (1982), pp. 127-128.
  75. Junta de Lobeira. Documentos
  76. González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos, pp. 22-24.
  77. Barreiro (1982), p. 128.
  78. Díaz, Op. cit. pp. 197-198.
  79. Romana, Pedro Caro y Sureda, 3er. Marqués de La (1809): Representación del Excmo. Señor Marqués de la Romana á la Junta Suprema Central Gubernativa del Reino. Valencia: Benito Montfort.[ http://books.google.es/books/about/Representaci%C3%B3n_del_Excmo_Sr_Marqu%C3%A9s_de.html?id=9e23hizv3y4C]
  80. Díaz, Op. cit., p. 199.
  81. Barreiro (1982), p. 130.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7.
  • Artola, Miguel (1977): La guerra de la independencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 9788467026245.
  • Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 9788467029185.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón: "Historia política", in X. R. Barreiro Fernández et al. (1984): Los Gallegos. 2ª ed. Madrid: Ediciones Itsmo. ISBN 84-7090-006-4, pp. 95-148. (1ª ed. en Akal, 1976) Los gallegos
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1981): Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-388-5.
  • Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma. ISBN 84-300-6423-0.
  • Beramendi, Justo [G.] (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-640-2.
  • Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2.
  • Fernández de Pinedo, Emiliano; Gil Novales, Alberto, e Dérozier, Albert (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-9427-3.
  • González López, Emilio (1975): El águila gala y el búho gallego. La insurrección gallega contra los franceses. Buenos Aires: Ediciones Galicia.
  • González López, Emilio (1977): El águila desplumada. Vigo: Castrelos. ISBN 84-7041-088-1.
  • González López, Emilio (1980): Historia de Galicia. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega. Serie Nova. ISBN 84-85287-22-3.
  • Hamer, Adolfo (2009): La Intendencia de las Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía, 1784-1835. Gobierno y administración de un territorio foral a fines de la Edad Moderna. Córdoba: Universidad de Córdoba / CajaSur Publicaciones. ISBN 978-84-7801-982-3.
  • Moliner Prada, Antonio (2008): "De las Juntas a la Regencia. La difícil articulación del poder en la España de 1808", Historia Mexicana, vol. LVII, nº 1 (xullo-setembro). Artigo completo en PDF Inclúe un capítulo sobre "Las Juntas gallegas como ejemplo".
  • Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1.
  • Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. Barcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]