Xunta Superior de Galicia (1836)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta.
A Xunta Superior de Galicia de 1836 (non confundir coa Xunta Superior de Galicia), foi unha xunta constituída na cidade da Coruña polos carlistas galegos, ao comezo da primeira guerra carlista, e que foi presidida por Xosé María Bermúdez Acevedo, Señor de Ramiráns e Vilardefrancos, así como Rexedor Perpetuo de Ferrol.
En 1836 Xosé María Bermúdez que, xunto a súa esposa, Xacoba de Cisneros Puga, máis coñecida como a Condesa de Gimonde, foron dos máis fervorosos partidarios galegos do infante Carlos María Isidro de Borbón, o irmán de Fernando VII, tratou de organizar unhas milicias galegas para proclamar rei de España ao Duque de Molina, o infante Carlos, en detrimento da súa sobriña Isabel II.[1]
Notas [editar]
- ↑ Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1976): El carlismo gallego. Santiago: Pico Sacro. (Obra revisada e reeditada en 2008, e publicada en galego como O carlismo galego en Laiovento).