Xulia Alonso Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXulia Alonso Díaz
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Bitraga: 4231


Xulia Alonso Díaz, nada na Rúa o 12 de decembro de 1961, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A familia do pai e da nai viñan de Quiroga (Bendollo e Carballo), pero ela naceu na Rúa, onde o seu pai traballaba como serranchín[1].

Logo de estudar o Bacharelato e o COU na Rúa, en 1978 matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela para iniciar os estudos de Psicoloxía. Como relata na súa peza de autoficción Futuro imperfecto, en Santiago non chega a facer estudos, vende artesanías e comeza a consumir heroína[1].

Empezou a traballar como auxiliar administrativo en xaneiro de 1981 na Xunta de Galicia, cargo que ocupou até setembro de 2008, cando colleu baixa por motivos de saúde[2].

Porén, o consumo de drogas levana a el e o seu home, un mozo vigués a quen coñeceu cara a 1981, a realizar un proceso de desintoxicación, durante o que ela estará primeiro en Oteruelo de Ocón, logo en Biurrun e mesmo durante un tempor en Bélxica[1]. Nos anos oitenta, o consumo de heroína levou por diante a vida de moitos mozos e mozas en Galicia, ben polo consumo en si, ben por apañaren o VIH e desenvolveren a sida, unha enfermidade para a que daquela non había tratamento. Tanto ela como o home saben naquel tempo (febreiro de 1986[2]) que son seropositivos, é dicir, que son portadores do virus.

Despois do proceso de desintoxicación múdanse a vivir a Vigo e teñen unha filla[1]. Porén, ao pouco o home enferma de toxoplasmose[1], unha infección de protozoos incurable que só afecta de importancia as persoas inmunodeprimidas, ou sexa, persoas que teñen moi debilitado o seu sistema defensivo (ben por enfermidades como a sida, ben como consecuencia de procesos médicos, como un transplante).

No ano 2010 publicou o libro Futuro imperfecto, escrito en 2005 para a filla, Lucía. Nel conta a súa vida e maila do seu home, especialmente o proceso de adicción á heroína, desintoxicación e enfermidade, ata o falecemento del o 14 de abril de 1992[1].

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Futuro imperfecto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-22. 
  2. 2,0 2,1 "Xulia Alonso". Mar maior (en castelán). Consultado o 2023-11-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]