Xosé Manuel López Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Manuel López Nogueira
Nacemento1932
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento20 de outubro de 1983
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, psiquiatra e neurólogo
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel López Nogueira, nado en Ferrol en 1932 e finado en Santiago de Compostela o 20 de outubro de 1983,[1] foi neurólogo, psiquiatra e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e exerceu como neurólogo e psiquiatra en Santiago de Compostela. Impartiu clases na facultade de Psicoloxía da USC. Foi membro da xeración de La Noche, onde publicou as primeiras colaboracións xornalísticas e un dos promotores da Festas Minervais. Estudoso de temas filosóficos e psiquiátricos, e de estética e arte, colaborou asiduamente en Grial e tamén en Vieiros e Revista de la Casa de Galicia de Nueva York. Parte dos seus traballos publicados ata 1973 foron recollidos en Dialéctica existencial y psicoanálisis.

Obras[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

Nº 1 de Grial.
  • "El arte comprometido" (1963)
  • "Unamuno i a súa imaxen da vida" (1964)
  • "Sobre el problema de la historia" (1965)
  • "A dialéctica da existencia" (1966)
  • "Dialéctica e poesía: sobre un libro de X.L. Franco Grande" (1968)
  • "Fernando Pérez-Barreiro, traductor de Shakespeare: versión galega do Macbeth" (1973)
  • "Castelao e o naturalismo galego" (1975)
  • "O poeta e o mito" (1976), sobre Ramón Cabanillas
  • "Jaspers, o psiquiatra perdido"
  • "Carl Gustav Jung"
  • "Ernest Kretschemer"
  • "A crisis da razón dialéctica", sobre o pensamento de Sartre.
  • "Psicoloxía da gran cidade"
  • "As urdimbres societarias"
  • "A edade de ouro das neurosis"

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Gallego Soneira e foi pai de Ana, José e Alicia López Gallego.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-10-1983, p. 52.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pombo Sánchez, Manuel (2007). "Arredor da obra do médico e profesor X. M. López Nogueira". Roteiros. Arumes de pensamento crítico (TresCtres) (1): 125–137. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]