Xosé de Cora
Xosé de Cora Paradela, nado en Lugo o 5 de xuño de 1951, é un xornalista e escritor galego.
Índice |
Traxectoria[editar]
Foi redactor da axencia Efe (1970-79) en Madrid e correspondente alí de El Progreso, Ferrol-Diario, Región de Oviedo e La Voz de Avilés. Tivo colaboracións en Lui, Doblón, Tiempo, Galicia Internacional, Radio Lugo, Radio Nacional e Radio 80. Director da revista En Punta, especializada en medios de comunicación, e redactor xefe de El Indiscreto Semanal. En 1980 foi nomeado director de El Progreso, cargo que ocupa ata o ano 1994, no que pasa a ser director xeral do Grupo El Progreso.
Profesor convidado na Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo, a Asociación Galega de Televisións Locais e foi tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Pertence á Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual.
A través de Lugopress, a produtora do Grupo El Progreso, dirixe as series para televisión:
- Vinte séculos de noivado (2001)
- Saúde, diñeiro e amor (2002)
- El Grial de Ancares (2003)
- LIC-Parga-Ladra-Támoga. Tierras de Piedras y Agua (2005)
- Herexes (2007)
- Los secretos del gato (2008)
- O ladrón de reliquias (2003)
- Hitler, Garbo… e Araceli
- Calendario extravagante 2011 y 2012
Coprodutor de Sal gorda, de Fernando Trueba e guionista da curtametraxe O bezoar.
Lugopress leva a cabo tamén as coproducións do documental Muxía. Política na Costa da Morte, de Ricardo Llovo; as longametraxes O ano da carracha, de Jorge Coira; e 3:19, de Dany Saadia; as publicacións de El Progreso: Paseante en Lugo, de Ánxel Fole, Calendario de Galicia, Mil preguntas sobre Lugo, Cien portadas e Un siglo de publicidad; o ciclo de conferencias O amor e como conseguilo na Galicia máxica, e o xogo Talismanes del Camino.
Obra en galego[editar]
- Homes de Fole (1983)
- Barreiro contra Barreiro (1990)
- Pecados manuais (1991)
- Letra de muller (1994)
- Pelúdez despide a Trapacero (1995)
- Pascual Veiga (1997/2002)
- Diccionario de Fole (1998)
- Fala Fole (1998)
- Xosé Trapero Pardo (2000)
- Pelúdez. O libro (2008)
Obra en castelán[editar]
- Panfletos y contrapropaganda antifranquista (1976)
- La enciclopedia morada (1980)
- Papá (1981)
- Cien pájaros en mano (1983)
- Cuba vista con otros ojos (1984)
- Manual del perfecto político (1991)
- El libro del viajero feliz (1992)
- Fascinación y misterio de ella (1996)
- Potoko Ciganda (2000)
- Calendario de Galicia (2002)
- Secuestro y fonda de Cela en Contamina (2008)
- La verdadera historia del último inquisidor y el maravilloso Oráculo de la Vida (2008)