Xosé Rodríguez González
Xosé Rodríguez González, tamén coñecido como Matemático Rodríguez ou o Matemático de Bermés, nado en 1770 na parroquia lalinense de Bermés, foi un científico galego da Ilustración e home liberal.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado no seo dunha familia de labregos. Grazas á axuda dun tío sacerdote logra cursar estudos cos xesuítas de Monforte de Lemos e na Universidade de Santiago de Compostela.
Cátedra [editar]
Aos 28 anos acada a cátedra de Matemáticas e realiza frecuentes viaxes por Europa para intercambiar coñecementos e ampliar estudos, entra en contacto cos traballos dos grandes científicos da época: Laplace, Arago...
Actividades [editar]
Nesta época participa con Arago no estudo da triangulación do meridiano entre Dunquerque e Barcelona, traballa para a coroa británica nunhas medicións xeodésicas no Pacífico e imparte cursos na universidade alemá de Gottinga.
Foi profesor de Astronomía, creador da sección de Mineraloxía do Museo de Ciencias Naturales, así mesmo, foi director do Observatorio Astronómico de Madrid. O tsar Alexandre ofrécelle a posibilidade de dirixir o observatorio de San Petersburgo, invitación que rexeita.
Durante a invasión francesa foi comisionado da Xunta Central para trazar un mapa da Península e fixar un sistema máis exacto de Pesas e Medidas.
Represalias [editar]
Coa volta do poder absolutista foi marxinado e considerado como afrancesado. Morreu en Santiago de Compostela en 1823, aos 54 anos de idade.