Xosé Rodríguez Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Rodríguez Carballo
Jose-rodriguez-carballo.jpg
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento 11 de agosto de 1953 en Lodoselo, Sarreaus
Ordes
Ordenación sacerdotal 28 de xuño de 1977, por Paulo VI
Consagración episcopal 18 de maio de 2013, por Tarsicio Bertone
Orde relixiosa Orde dos Frades Menores (franciscanos) (dende o 9 de agosto de 1971)
Secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e Sociedades de Vida Apostólica
Arcebispo titular de Belcastro
6 de abril de 2013 -
Predecesor Joseph William Tobin
Cargos anteriores Ministro Xeral da Orde dos Frades Menores (2003–2013)
Outros
Escudo de José Rodríguez Carballo.svg
Escudo de José Rodríguez Carballo
Scio cui enim credidi
Ficha en catholic-hierarchy.org
Xosé Rodríguez Carballo.

Xosé Rodríguez Carballo, nado en Lodoselo (Sarreaus) o 11 de agosto de 1953[1], é un frade católico, pertencente á orde franciscana, ademais de arcebispo e dende 2013 secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica. O 18 de maio de 2013 foi ordenado bispo na Catedral de Santiago de Compostela polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarsicio Bertone, e nomeado arcebispo titular de Belcastro[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar nos seminarios de Zamora e de Santiago de Compostela, licenciouse en teoloxía bíblica en Xerusalén e en Santas Escrituras en Roma. Ordenouse como franciscano en 1971 e profesou solemnemente a orde en 1976. Ao ano seguinte foi ordenado crego polo papa Paulo VI en Roma.[3] Participou na tradución da Biblia ao galego traballando no Libro das Crónicas [4]. En 2003 foi elixido ministro xeral da orde (o seu cargo máis elevado), co que se converteu no 119º frade en facelo (dentro da orde dos frades menores, non na conventual). Continuou no seu cargo ata que en 2013 o papa Francisco o nomeou arcebispo de Belcastro, unha pequena aldea da Calabria, cargo simbólico que acompaña a dignidade arcebispal. Ao mesmo tempo o papa designouno secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, que vén sendo o equivalente a un ministro do goberno vaticano coa responsabilidade sobre a organización interna das ordes relixiosas e dos grupos de leigos[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Rodríguez Carballo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]