Xosé Moreiras Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Moreiras Santiso
Nacemento12 de marzo de 1939
Lugar de nacementoVilela
Falecemento8 de abril de 1996
Lugar de falecementoCastelló de la Plana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónescritor e sacerdote
Na rede
Dialnet: 1626286
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Marcial Moreiras Dieguez de Vilela e de Julia Santiso. Cursou estudos eclesiásticos no Colexio dos xesuítas de Camposancos, o Seminario de Lugo, e fixo Teoloxía na Universidade Pontificia Comillas, con estancias na parroquia católica de Hovestadt (Alemaña), e estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago. Ordenouse sacerdote en 1963 e foi destinado a Galegos (Navia de Suarna) e Lodoso (Monterroso).

Foi elixido concelleiro en Monterroso nas primeiras eleccións democráticas e nomeado primeiro tenente de alcalde e concelleiro de cultura. En 1981 secularizouse e trasladouse a Castelló de la Plana, e tivo dous fillos.

Foi un dos fundadores de Alvarellos Editora e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Colaborou en diversos medios de comunicación, e foi correspondente de A Nosa Terra.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os mil e un refráns galegos da muller, 1973, Alvarellos.
  • Cantigueiro da fistora tia Manoela, 1977.
  • Os mil e un refráns galegos do home, 1977, Alvarellos.
  • Liturxia galega, 1980.
  • Crónicas, 1981.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • II Certame literario de relato curto "Pepe Moreiras", Centro Galego de Castelló "O Aturuxo"