José Manuel Romay Beccaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Romay Beccaría»)
José Manuel Romay Beccaría
Nacemento18 de xaneiro de 1934
Lugar de nacementoBetanzos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, xurista e avogado
PaiEmilio Romay Montoto
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medalla de Ouro de Galicia, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
Na rede
IMDB: nm2689542 Dialnet: 69623 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político e xurista galego, foi ministro de Sanidade e Consumo e presidiu o Consello de Estado de 2003 a 2004 e de 2012 a 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Fillo de Emilio Romay Montoto. En 1956 licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario de fin de carreira. Tras impartir clases de Dereito Administrativo durante un ano nesa universidade, viaxa a Madrid para preparar as oposicións de Letrado do Consello de Estado, obtendo a praza en 1959.

Na ditadura[editar | editar a fonte]

En 1963 é nomeado, baixo a ditadura do Xeneral Franco, Secretario Xeral de Sanidade, cargo no que permanece ata 1966. Retoma a súa praza como letrado, ata asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudios de Administración Local. Permaneceu poucos meses nese cargo, pois en 1974 foi nomeado Subsecretario de Presidencia, e en 1975 Subsecretario de Gobernación.

En democracia[editar | editar a fonte]

Xa en democracia, regresa a Galicia en 1982 para ocupar a vicepresidencia do primeiro goberno da Xunta de Galicia. Ese mesmo ano é elixido deputado pola provincia da Coruña, nas listas de Alianza Popular, escano que mantería ata 1989. Entrementres, en 1987 accede á presidencia da Deputación da Coruña, cargo onde permanecerá ata 1989, cando foi deposto por unha moción de censura. En 1990 foi nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal do goberno galego. Ó ano seguinte asumiu a Consellería de Sanidade, permanecendo no cargo ata 1996.

Coincidindo coa vitoria electoral do Partido Popular nas eleccións xerais dese ano foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo. Ostentou a carteira ministerial ata 2000, coincidindo coas eleccións xerais nas que o PP obtivo a maioría absoluta, retornando ao Congreso e pasando a presidir a Comisión de Xustiza e Interior.

En 2003 foi nomeado presidente do Consello de Estado de España, cargo no que permaneceu ata a vitoria electoral do PSOE nas eleccións xerais de 2004. Na actualidade é presidente de honra do Partido Popular da provincia da Coruña.

Logo das Xerais de 2011, que coinciden coa vitoria do Partido Popular de Mariano Rajoy, é designado polo Parlamento de Galicia senador en representación da comunidade autónoma, e meses despois, en marzo de 2012, é elixido de novo como presidente do Consello de Estado, posto que ocupou ata 2018, cando foi substituído por María Teresa Fernández de la Vega.[1]


Predecesor:
Enrique Marfany
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
19871989
Sucesor:
Salvador Fernández Moreda
Predecesor:
Francisco Sineiro
 
Conselleiro de Agricultura
 
1990−1991
Sucesor:
Tomás Pérez Vidal
Predecesor:
Manuel Montero Gómez
 
Conselleiro de Sanidade
 
1991−1996
Sucesor:
Xosé María Hernández Cochón
Predecesor:
Ángeles Amador
 
ministro de Sanidade e Consumo
 
1996−2000
Sucesor:
Celia Villalobos
Predecesor:
Íñigo Cavero
 
presidente do Consello de Estado
 
2003−2004
Sucesor:
Francisco Rubio Llorente
Predecesor:
Francisco Rubio Llorente
 
presidente do Consello de Estado
 
2012−2018
Sucesor:
María Teresa Fernández de la Vega

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Teresa Fernández de la Vega, presidenta del Consejo de Estado". El País (en castelán). 19 de xuño de 2018. Consultado o 3 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]