Xosé Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Rodríguez Durán»)


Infotaula de personaXosé Durán
Biografía
Nacemento19 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Manuel Rodríguez Durán, nado en Cuntis o 19 de maio de 1957, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Químicas e Xornalismo,[1] a maior parte da súa actividade profesional está vinculada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral: Radio Pontevedra, Radio Noroeste, Faro de Vigo-Pontevedra. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia,[2] onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais: CienciaNosa, Vivir Aquí ou Vivir o Mar. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias.[3] Foi autor do primeiro audiolibro galego situado nunha tenda virtual (iTunes), para descargas por ordenador.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Notas

  1. "Xosé Durán". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-10-15. 
  2. "Galicia está en Polonia? CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-10-15. 
  3. "A PINGUELA Nº 17: A LECCION MAIS SOLIDARIA. XOSE DURAN". casadellibro. Consultado o 2020-10-15. 
  4. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]