Xosé Luís Regueira
Xosé Luís Regueira Fernández, nado en 1958 en Goiriz (Vilalba), é un lingüista galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
En 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.
Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.
É membro do Instituto da Lingua Galega, ocupou durante anos o posto de secretario. Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia Galega[1], lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.
Obra [editar]
- Guía bibliográfica de lingüística galega (1996)
- Os sons da lingua (1998)
- Dicionario de pronuncia da lingua galega (2011)
- Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, discurso de entrada na RAG, lido o 3 de xuño de 2012 e respondido por Manuel González González.
Obras colectivas [editar]
Traducións [editar]
- O rei Túnix (Mira Lobe, 1962).
Notas [editar]
- ↑ Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández , Real Academia Galega.