Xosé Luís Fontenla Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Luís Fontenla Méndez
Nacemento1915
Falecemento14 de decembro de 1998
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
FillosJosé Luís Fontenla Rodrigues
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Fontenla Méndez, nado en 1915 e finado en Pontevedra o 14 de decembro 1998,[1] foi un mestre e político galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Fontenla. Foi alumno da Escola Normal de Pontevedra. Colaborou coa Sección de Psicoloxía do Seminario de Estudos Galegos dirixida por Antón Iglesias Vilarelle. Pertenceu a Labor Gallega de Pontevedra. Participou en maio de 1934 na primeira Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, nela resultou elixido para a Secretaría Executiva.

Foi mestre en Arbo. Despois da guerra tivo a intención de volver publicar a revista Logos con Iglesias Vilarelle, pero as autoridades franquistas esixíanlles unha declaración de adhesión a Movimiento e decidiron non continuar co proxecto. Foi axente de seguros na provincia de Pontevedra.

Participou na Asemblea de constitución da editorial Galaxia, celebrada en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950. Realizou a primeira versión ao galego dos Evanxeos en La Noche e traduciu o Ordinario da Misa ao galego. Foi un dos fundadores do Ateneo de Pontevedra e do Cine Club de Pontevedra.

Finou en Pontevedra con 83 anos.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Rodríguez Pérez e foi pai de José Luís Fontenla Rodrigues.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Vigo, 17-12-1998, p. 87.
  2. La Voz de Galicia, Pontevedra, 16-12-1998, p. 45.