Xosé Iglesias Roura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Iglesias Roura
Nacemento28 de abril de 1879
Lugar de nacementoPorto do Son
Falecemento27 de setembro de 1930
Lugar de falecementoMera
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político, tradutor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Iglesias Roura, nado en Porto do Son o 28 de abril de 1879 e finado en Mera (Oleiros) o 27 de setembro de 1930, foi un avogado, político, tradutor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi concelleiro na Coruña[1], fundador e tesoureiro das Irmandades da Fala, director d'A Nosa Terra, académico non numerario da Real Academia Galega[2] e director artístico do coro Cántigas da Terra[3].

Como tradutor[editar | editar a fonte]

Iglesias Roura foi un tradutor prolífico nunha época, a das Irmandades da Fala, en que a tradución ao galego aínda era pouco frecuente pero estaba considerada polos sectores nacionalistas como unha necesidade do sistema literario galego. Os resultados do seu labor foron publicados na prensa, especialmente n'A Nosa Terra, da que foi primeiro director[4] e na que se mantiña unha sección fixa chamada "Traduciós".[5]

Entre as diversas traducións da autoría de Iglesias Roura, constan as de poemas cataláns como "L’himne a l’arbre fruiter" e "La vaca cega", de Joan Maragall.[6]

Como escritor[editar | editar a fonte]

Malia que a súa obra non foi compilada, senón que se mantén dispersa en publicacións periódicas e outros soportes, Iglesias Roura tamén foi poeta e dramaturgo en lingua galega.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Giadás Álvarez, Luis Antonio (1997): La vida política municipal en La Coruña entre 1900 y 1931. Sada: Ediciós do Castro. Páxina 184.
  2. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". 2012.academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2022. Consultado o 2022-05-01. 
  3. Rodríguez Santamaría, Xoán Pastor (2005). Asociación Cultural Barbantia, ed. "Iglesias Roura, Xosé". Dicionario de escritores/as do Barbanza. Arquivado dende o orixinal o 07/09/2008. Consultado o 08/10/2010. 
  4. González Beramendi, Justo (1996). O nacionalismo galego. Vigo: Edicións A Nosa Terra, páxina 97. 
  5. Noia, Camiño (2004): «El ámbito de la cultura gallega» (en castelán, PDF), en Francisco Lafarga e Luis Pegenaute (eds.): Historia de la Traducción en España. Salamanca: Editorial Ambos Mundos. Páxinas 750-759. ISBN 84-7455-101-3. Consultado o 08/10/2010.
  6. Alonso Montero, Xesús (2008). "Joan Maragall en Galicia. Tres traducións galegas de "La vaca cega"" (PDF). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (11): páx. 126–127. ISSN 1138-9664. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03/04/2010. Consultado o 08/10/2010.