Xosé Couceiro Bugallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Couceiro Bugallo
Biografía
Nacemento1963
Santo André de Souto, A Estrada, Galicia Galicia
Morte23 de maio de 2009
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlutier , compositor , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: e195c2f8-3ea4-4064-89cc-43dda9ac326d Editar o valor em Wikidata

Xosé Couceiro Bugallo, nado en Santo André de Souto (A Estrada) en 1963 e finado o 23 de maio de 2009, foi un músico e escritor galego

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Estrada e en Santiago de Compostela, cousa que mesturou cos traballos decotío, na casa de labranza na que se criou. O agasallo dunha gaita levouno a dedicarse ao seu estudo e a se interesar pola cultura do país. Logo da ditadura franquista, nos seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros escritos en galego e co–fundou o primeiro grupo de música tradicional chamado "Airiños da Baiuca". Dende aquela sempre estivo activo no mundo músico- cultural, colaborando na fundación, e sobre todo na didáctica, de máis dunha ducia de formacións, hoxe en día vixentes as máis delas. Compuxo varias pezas para gaita e algún cantar. Exerceu como instrutor de música tradicional, maiormente de gaita e como artesán.

Obra[editar | editar a fonte]

Dende os anos 90 abondou un pouco máis a escritura, por iso a súa obra permanece case toda inédita.

  • O meu brado mariño (Ed. Fervenza, 2004).