Xosé Cora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Cora Rodríguez»)
Xosé Cora
Nacemento1922
Lugar de nacementoMañón
Falecemento28 de febreiro de 2008
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Xosé Cora Rodríguez, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1922 e finado na Coruña o 28 de febreiro de 2008, foi un xurista galego, primeiro Valedor do Pobo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira xudicial en 1950. O seu primeiro destino foi o xulgado de primeira instancia e instrución de San Vicente de la Barquera, e despois xa en Galicia ocupou praza nos xulgados de Corcubión, Quiroga e Sarria. Ascendeu a maxistrado en 1961 con destino na Audiencia Provincial de Badaxoz, e volveu ao ano seguinte a Galicia como maxistrado xuíz en Ourense.

No ano 63 foi designado xuíz instrutor do caso do metílico, un envelenamento masivo pola produción de alcol de consumo humano elaborado a base de alcol metílico e que provocou 51 falecidos en España. En 1983, José Cora incorporouse como maxistrado na Audiencia Provincial de Ourense, e en xullo de 1983 foi designado presidente da Audiencia Territorial da Coruña. Posteriormente foi o primeiro presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante un ano escaso, entre marzo de 1989 e maio de 1990, cando se xubilou como xuíz. Durante eses meses, a súa angueira principal foi aplicar a Lei de demarcación de Galicia para desenvolver o sistema xudicial galego.

Xosé de Cora foi nomeado Valedor do Pobo en 1990, o primeiro da historia da institución. Foi o encargado de poñela en funcionamento e dotala de práctica de traballo, e foi renovado no seu posto en 1995 polo consenso do Parlamento. Estivo no cargo ata febreiro de 2002, 20 meses máis do que lle correspondía, por falta de acordo das forzas políticas galegas no nomeamento dun substituto.


Predecesor:
non existía
 Presidente do TSXG 
1989 - 1990
Sucesor:
Xosé Ramón Vázquez Sandes
Predecesor:
non existiu
 Valedor do Pobo 
1990 - 2002
Sucesor:
Xosé Ramón Vázquez Sandes