Xosé Anxo Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Anxo Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un xogador de básquet. A súa posición no campo é a de á-pívot, e mide 203 centímetros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que é o club propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no CB Cáceres e na 2005-06 no CAI Zaragoza, xogou posteriormente co Bilbao Basket (ACB): 2006-2007, Club Bàsquet L'Hospitalet (LEB): 2007-2008, Tenerife Club de Baloncesto (LEB Ouro): 2008-2009, Baloncesto Fuenlabrada (Liga ACB): 2008-2010, Baloncesto León (LEB Ouro): 2010 e Cáceres 2016 Basket (LEB Ouro): 2010-2011.

Antelo Paredes formou parte da primeira selección nacional de baloncesto de Galicia, que debutou fronte a Xapón, o 28 de xuño de 2006. Tamén integrou a segunda convocatoria desta selección, o 21 de xuño de 2007, contra Cuba.

Títulos[editar | editar a fonte]

  • Campión de Europa júnior, 2004, coa selección española. Na final, España-Turquía (89-71), Antelo anotou 22 puntos.
  • Cuarto no campionato de Europa júnior, 2005, coa selección española.
  • Campión de España cadete, 2002 e 2003, co Real Madrid.