Xosé Cribeiro
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1936 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1995, foi un escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo dos mestres Pío Cribeiro González e Regina Rodríguez Bares, o pai fixo de bibliotecario no local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra e sufriu represalias aínda que non chegou estar no cárcere (foi suspendido de emprego e soldo varios anos). A familia trasladouse ao Morrazo e Xosé fixo o Bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigocións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 trasladouse a Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou na prensa e foi activo militante do PCE. Traballou en TVE e foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia.
Obra [editar]
Poesía [editar]
- Acoitelado na espera, 1960, Brais Pinto (premiado en 1959 pola Unidade Galega de Nova York)
- Doente espranza, 1962 e Indo pra máis perto, 1979, publicados neste último ano por Akal Editora.
- A señardade no puño, 1996, Espiral Maior.