Xosé Abeal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Abeal López, nado en Ambroa (Irixoa) en 1954, é un escritor galego, principalmente poeta.
Índice |
Traxectoria [editar]
Tras estudar Bacharelato en Betanzos, licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela.
Desde 1981 exerce como profesor de latín no ensino medio, actualmente no IES Salvador de Madariaga da Coruña. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Ten publicado poemas en Grial e Poesía Galicia.
Obra [editar]
Poesía [editar]
- Herba do tempo, 2000, Espiral Maior.
- Ave de luz, 2008, Espiral Maior.
- Poesía inédita, publicada en internet.
Obras colectivas [editar]
- Alma de beiramar, 2003, AELG.
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.