Xogos Olímpicos de 1972

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1972
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der XX. Olympiad Editar o valor em Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor em Wikidata
MascotaWaldi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Composto porbadminton at the 1972 Summer Olympics
Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972
Saltos ornamentais nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 +
../... 24 Editar o valor em Wikidata
Número de participantes121
7.134 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos195 Editar o valor em Wikidata
LocalizaciónKiel (Schleswig-Holstein)
Augsburgo (Suabia)
Estadio Olímpico de Múnic (Múnic)
Múnic (Alta Baviera) Editar o valor em Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo26 de agosto de 1972 – 11 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata
Número de edición20  (1972) Editar o valor em Wikidata
Aberto oficialmente porGustav Heinemann Editar o valor em Wikidata
Xuramento feito porHeidi Schüller (pt) Traducir
Heinz Pollay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Facho acendido porGünter Zahn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor em Wikidata

1968 Editar o valor em Wikidata
1976 Editar o valor em Wikidata

Os Xogos Olímpicos de 1972 foron realizados en Múnic entre o 26 de agosto e o 10 de setembro de 1972 e até o comezo de setembro estaban a ser considerados os mellores, máis pacíficos e tecnicamente perfectos de todos os tempos, cando foron transformados no maior pesadelo ocorrido na historia das Olimpíadas.

Coa participación récord de 121 estados e 7.134 atletas, foron organizados polos alemáns para celebrar a paz e nos seus primeiros dez días a competición deportiva de alto nivel alí realizada marabillaba ó mundo. Mais na madrugada do día 5 de setembro, cinco palestinos do grupo terrorista Setembro Negro invadiron a Vila Olímpica, mataron a dous membros do equipo de Israel e tomaron a nove reféns. O que se seguiu, coa paralización temporal dos Xogos e a morte de todos os reféns israelís, ficou coñecido como o Masacre das Olimpíadas de Múnic.

Con todas as bandeiras dos países participantes a media hasta e unha misa no estadio olímpico en honra das vítimas, após 34 horas de interrupción os Xogos volveron a reanudarse, despois da insistencia e a célebre frase do Presidente do COI, Avery Brundage: “Os Xogos deben continuar!”

Fitos[editar | editar a fonte]

Vista da torre do complexo olímpico de Múnic
  • O grande nome de Múnic e un dos maiores de todos os Xogos Olímpicos foi o do nadador norteamericano Mark Spitz. Campión olímpico de sete probas de natación, Spitz tamén quebrou a marca mundial de todas elas, nunha fazaña insólita no deporte. Ademais, dúas desas medallas e marcas foron conquistados na piscina no mesmo día e con apenas unha hora de diferenza entre elas. A súa fazaña non foi superada ata 2008, cando Michael Phelps gañou oito medallas.
  • O finlandés Lasse Viren conquistou o ouro nos 5000 e nos 10 000 m, este último de maneira sensacional, caendo ó chan despois dun choque no medio da proba e recuperándose non só para gañar a proba, senón tamén para bater a marca mundial. Viren gañou novamente as mesmas probas en Montreal catro anos despois, nun dobrete espectacular, sendo o único atleta en conquistar catro medallas de ouro nas dúas probas olímpicas de pista de longa distancia, o chamado double-double.
  • Os norteamericanos, campións de baloncesto dende os Xogos de 1936, na máis absoluta supremacía que unha única nación tivo sobre determinado deporte olímpico,[1] viron como se lles escapaba a medalla de ouro nestes Xogos, nunha final emocionante contra a Unión Soviética, na que perderon de 51-50[2] grazas a un polémico erro na contaxe do tempo, que permitiu ós soviéticos unha canastra no último segundo. Revoltados co acontecido, os estadounidenses se recusaron a recibir as medallas de prata, que até hoxe se encontran gardadas nun cofre na sede do COI, en Suíza. Para os soviéticos, eternos subcampións nesa disputa do baloncesto cos americanos, esta conquista tivo tamaña importancia e alegría, que oito anos despois, nos Xogos Olímpicos de 1980, o capitán deste equipo de Múnic, Aleksander Belov, tivo a honra de entrar no estadio empuñando o facho olímpico na cerimonia de apertura.
  • A ximnasta soviética Olga Korbut converteuse nunha estrela tras gañar a medalla de ouro por equipos, non logralo no individual tras unha caída (foi vencida pola súa compañeira Liudmila Turishcheva), e finalmente gañar dous ouros na barra de equilibrios e en solo.
  • A nadadora australiana Shane Gould gañou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce con quince anos.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes

O tiro con arco e o balonmán foron reintroducidos no programa olímpico.

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Unión Soviética Unión Soviética 50 27 22 99
2 Estados Unidos de América Estados Unidos 33 31 30 94
3 República Democrática Alemá Alemaña Oriental 20 23 23 66
4 República Federal de Alemaña Alemaña Occidental 13 11 16 40
5 Xapón 13 8 8 29
6 Australia Australia 8 7 2 17
7 Polonia Polonia 7 5 9 21
8 Hungría Hungría 6 13 16 35
9 Bulgaria Bulgaria 6 10 5 21
10 Italia Italia 5 3 10 18

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "USA Basketball". Arquivado dende o orixinal o 2007-08-22. 
  2. "120 years, 120 stories (Part 15) : Soviets beat the Americans amidst controversies involving communist judges". 3 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]