Xogo do abellón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abellón.
O abellón é un xogo infantil para nenos, ten varias versións, nunha xogan tres nenos ou mozos, un ponse no medio e coas mans na boca imita o zunido dun abellón e ao tempo que se move ten que lle dar labazadas aos outros dous e evitar que llas dean a el; noutra versión os rapaces maiores imitando o movemento e ruído dun abellón rodean a un máis pequeno, pícano co dedo e este ten que atinar quen lle dera a picada.