Xocaloma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xocaloma
OrixeCarballo, Galicia Galicia
Período19751994
Xénero(s)Folk Música tradicional galega
Selo(s) discográfico(s)Zafiro Records, Sons Galiza, Discosa
MembrosDores Platas

Xoaquina Avila Cotado
X. R. Cerviño Caamaño
X. Campos Vázquez
X. C. Cancela Calvelo
X. M. Hurtado de Mendoza y Anido
Xoán Carlos Díaz del Valle

Fernando Fidalgo Cerviño[1]
Na rede
Musicbrainz: d6c591f5-0da9-42a3-b724-78cfb1fdf05d Discogs: 3584003 Editar o valor em Wikidata

Xocaloma foi un grupo de folk e música tradicional galega fundado en Carballo en 1975 e disolto no 1994.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un conxunto eminentemente vocal, os seus membros fundadores adoitaban cantar no coro parroquial de Carballo, nas "misas da xuventude" organizadas polo párroco da localidade, Xose García Gondar. Foi este sacerdote quen os animou a formar o grupo musical que se chamou Xocaloma polas iniciais dos seus integrantes (Xosé, Carlos, Loli e Manuel).[2]

No 1978 gravaron o seu primeiro disco, Terra, ao que seguiu Soio un soño no 1979. Participaron en diversos festivais, como o Intercéltico de Lorient ou o do Mundo Celta de Ortigueira.[3] Algunhas das súas pezas máis coñecidas son versións de cancións populares galegas como O rodaballo, A saia da Carolina ou Lela, esta última con letra de Castelao e música de Rosendo Mato Hermida, así como temas propios como Soio foi un soño.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Terra (1978)
* Soio un sono... (1979)
* Vou o mar (1981)
* Nos (1983)
* Rosas de luz (1991)
* Quince anos (1994)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

* Xesús vai nascer - O máis grande home (1978)
* Por vos, poetas (1983)

Recompilatorio[editar | editar a fonte]

* O Rodaballo - Aldea Miña - Adiós Ríos, Adiós Fontes (1981)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do disco Quince anos na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
  2. Garrido Rial (2009-04-26). "El grupo fue «máis que un soño»". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-06-17. 
  3. Garrido Rial (2009-09-12). "«Xocaloma era máis coñecido fóra que dentro de Carballo»". La Voz de Galicia. Consultado o 2021-06-17.