Xoaquín Fernández Leiceaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoaquín María Fernández Leiceaga»)
Infotaula de personaXoaquín Fernández Leiceaga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1108504

Xoaquín María Fernández Leiceaga, nado en Noia o 6 de xaneiro de 1961, é un economista e político galego, que foi voceiro parlamentario do PSdeG-PSOE.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), profesor titular de economía aplicada desde 1992. Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), foi vicerreitor económico na USC (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando entrou a formar parte do BNG (1994). Foi director do IDEGA (1998-1999). Concelleiro en Santiago de Compostela (1999), foi delegado de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e membro da comisión de goberno durante o goberno bipartito entre o PSdeG e o BNG. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro dese ano tras diversos enfrontamentos internos a nivel local de Santiago. De cara ás eleccións municipais de 2003 pasou a formar parte da candidatura do PSdeG-PSOE encabezada polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo, a cal logrou a vitoria e revalidou o goberno compostelán, volvendo asumir diversas áreas económicas. Foi elixido parlamentario pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2005, renunciando como edil en xaneiro de 2007. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2009. Foi o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia 2009-2011. Volveu formar parte da candidatura socialista en Santiago de Compostela en 2011, porén perdeu o goberno en favor do PPdeG e renunciou a recollela acta de concelleiro, continuando a súa labor como parlamentario autonómico ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.

Candidato á Xunta de Galicia para as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 tras impoñerse nas primarias a Méndez Romeu.[3], nas cales o partido baixou de 18 a 14 deputados, empatando con En Marea e sendo lixeiramente superado en votos por esta, polo que os socialistas volveron formar parte da oposición. Tralos comicios foi portavoz parlamentario dos socialistas na cámara autonómica. De cara ao 13 Congreso Nacional do PSdeG de outubro de 2017 anunciou a súa candidatura ás primarias para a Secretaria Xeral, concorrendo con Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada. Finalmente optou por reitrala súa candidatura e unirse ao equipo de Caballero, o cal venceu nas primarias a Villoslada, pasando a selo Presidente da nova Executiva ratificada no correspondente Congreso. En 2019 foi designado senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia[4][5], renunciando como portavoz e parlamentario autonómico. Tralo 14 Congreso pasou a formar parte da nova Executiva encabezada por Valentín González Formoso como responsable da Área de Política Económica. De cara ás eleccións municipais de 2023 forma parte como número 3 da candidatura encabezada polo alcalde Sánchez Bugallo.

Ten colaborado en numerosas revistas de Economía[6] e en Grial.[7]


Predecesor:
vacante
 
Presidente do PSdeG-PSOE
 
20172021
Sucesor:
Carmela Silva

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas (2001). Director. Xerais. ISBN 84-8302-499-3.
  • Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990).

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-14. 
  2. "Xoaquín Fernández" (PDF). fundacionluzes.gal. 
  3. Domingos Sampedro (29-05-2016). "Leiceaga será el candidato del PSdeG tras ganar las primarias por más de 700 votos". Consultado o 02-06-2016. 
  4. 4,0 4,1 "Baixo as alas de abril". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-11-14. 
  5. España, Senado de. "Senado de España: home". www.senado.es (en castelán). Consultado o 2021-11-14. 
  6. "Xoaquín Fernández Leiceaga". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-11-14. 
  7. Fernández Leiceaga, Xoaquín (xullo, agosto, setembro 2021). "Catro décadas de autogoberno. Unha avaliación.". Grial LIX (231): 38–49. ISSN 0017-4181. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]