Xoán Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoan Gato»)
Xoán Gato
Datos persoais
Nacemento1946
 Ferrol
OrganizaciónUnidade Galega
ANGN
PSG-EG
Unidade por Narón
Terra Galega
Converxencia Galega
ProfesiónPolítico
editar datos en Wikidata ]

Xoán Gato Díaz, nado en Ferrol o 5 de febreiro de 1946, é un político galego, foi coordinador nacional de Terra Galega e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións do 1 de marzo de 2009 por este mesmo partido. Desde finais de 2010, abandonou esta formación[1] para crear un novo partido chamado Converxencia Galega de corte galeguista e liberal[2], no que actualmente milita.

Biografía e traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago, este antigo traballador do estaleiro ASTANO, foi concelleiro de obras e urbanismo en Narón por Unidade Galega do entón alcalde e ex-sacerdote Antonio Martínez Aneiros durante a primeira corporación municipal da democracia. Na segunda corporación, esta vez na ANGN volve acadar acta de concelleiro, integrándose no PSG-EG ó tempo que Martínez Aneiros era elixido deputado no parlamento galego, en 1985. Naquel momento Xoán Gato toma posesión á fronte da alcaldía de Narón.

Coa integración de Unidade Galega (partido), a sucesora do PSG-EG no BNG, o equipo de goberno do concello de Narón, descontento coa decisión do partido, fundou Unidade por Narón, formación de carácter localista naronés. Con ese partido gobernou en coalición con Esquerda Unida (95-99) e co BNG (99-03), e xa en 2003, acadou a maioría absoluta con 13 concelleiros de 21.

Para as Eleccións Municipais de 2007 presentouse como candidato por Narón de Terra Galega, obtendo 10 concelleiros, e ficando a un da maioría absoluta. Foi un dos membros fundadores desta formación política, no que ocupou o posto de coordinador nacional, presentándose como candidato á presidencia da Xunta. O 20 de xaneiro de 2009 foi substituído como alcalde por Xosé Manuel Blanco[3], logo da súa dimisión para centrarse nas eleccións galegas, onde non conseguiu os votos necesarios para entrar no Parlamento.

En febreiro de 2010, apoiado por un grupo de empresarios, presenta a súa candidatura a Cámara de Comercio de Ferrol, candidatura que acada 20 dos 25 representantes elixidos. Antes do seu nomeamento prodúcese unha división interna dentro da candidatura que salva coa a súa elección en xuño. Convértese así no 18º presidente da Cámara[4].

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Está casado e ten tres fillos e catro netos.


Predecesor:
Antonio Martínez Aneiros
 
Alcalde de Narón
 
1985 - 2009
Sucesor:
Xosé Manuel Blanco

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Correo Gallego."Terra Galega sufre una escisión de la que nacerá el partido Converxencia Galega"". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2010. Consultado o 16 de febreiro de 2011. 
  2. "Web de Converxencia Galega". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 16 de febreiro de 2011.  Arquivado 19 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.
  3. Gato cédelle a alcaldía de Narón a Blanco Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 20/1/2009
  4. O pleno da Cámara elixe a Gato como presidente,La Voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]