Xoán XXI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XII ó século XIII
Papas do século XIII
Papa do século XIII ó século XIV
Antipapa/s
  • Ningún


Xoán XXI

Xoán XXI, nado co nome de Pedro Julião, e coñecido tamén como Pedro Hispano, nado en Lisboa entre 1210 e 1220 e finado en Viterbo o 20 de maio de 1277, foi Papa da Igrexa Católica entre o 20 de setembro de 1276 e a data da súa morte.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pedro Julião, fillo do médico Julião Rebelo e de Teresa Gil, naceu en Lisboa entre 1210 e 1220.

Comezou os seus estudos na escola episcopal da Sé de Lisboa. Máis tarde acudíu á Universidade de París (algúns historiadores afirman que foi á de Montpellier), onde estudou Medicina e Teoloxía, e dedicando especial atención ás conferencias de Dialéctica, de Lóxica, e, sobre todo, ás de Física e Metafísica aristotélicas.

Entre 1245 e 1250, ensinou Medicina na Universidade de Siena (hoxe Italia), onde escrebeu algunhas obras, das que salientan as Summulæ Logicales, que sería para as universidades europeas o manual de referencia a respecto da lóxica de Aristóteles.

En 1272 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Braga, sucedendo a D. Martinho Geraldes.

Despois da morte do papa Hadrián V, o 18 de agosto de 1276, Pedro Hispano foi elixido Papa no conclave do 13 setembro e coroado o 20 de setembro. Faleceu oito meses logo, o 20 de maio de 1277, a causa das graves feridas a consecuencia dun accidente ocorrido na catedral de Viterbo, na que dirixía as obras. Alí foi inhumado até os nosos días.

En marzo de 2000, por empeño do alcalde de Lisboa, João Barroso Soares, outorgouselle un sítio máis honroso, sendo trasladado para a nave central.