Xoán Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Pérez
Nacemento1968
LugarOndarroa
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm1079940 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xoán Pérez, nado en Ondarroa, Biscaia, en 1968, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional cos monicreques coa compañía de teatro Danthea, onde empezou a súa formación teatral. Seguiu coa súa propia compañía, Tres globos, producindo espectáculos versionados de contos clásicos. O Sapo Encantado, Pedro e o Lobo, O Parrulo Feo, Caraporquiña Vermella.

No programa da TVG Con perdón realizaba entrevistas absurdas a personaxes famosos facéndose pasar por un xornalista sen experiencia.

Participou na longametraxe Mucha sangre, de Pepe de las Heras, Chapapote ¡Oh no! de Ferrán llagostera e na serie A miña sogra e mais eu.