Xoán Manuel Pereira de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán Manuel Pereira»)
Xoán Manuel Pereira de Castro
Nacemento24 de maio de 1820
Lugar de nacementoReboreda e Pazo de Reboreda
Falecemento15 de abril de 1896
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático e político
editar datos en Wikidata ]

Xoán Manuel Pereira de Castro, nado en Reboreda (Redondela) o 24 de maio de 1820 e finado en Ourense o 15 de abril de 1896, foi un fidalgo, diplomático e político galego. Ramón Otero Pedrayo relatou a súa vida na novela O señorito da Reboraina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo de Reboreda, casa natal de Xoán Manuel Pereira.

Foi fillo de Ignacio Manuel Pereira, señor da casa de Reboreda, en cuxo pazo naceu e medrou. Foi deputado en Cortes por Ponteareas (1846), Pontevedra (1854) e Zamora (1869), ademais de senador por Pontevedra e Ourense. De ideoloxía progresista e repúblicana, foi acusado de conspiración contra o réxime tras manter unha xuntanza co xeneral Prim en Londres, motivo polo cal foi ingresado na cadea da Illa de Santo Antón, na Coruña. Na devandita xuntanza preparaban a Revolución de 1868. Co triunfo de Prim e a instauración do Sexenio Democrático, Pereira de Castro foi liberado e pasou a presidir a Xunta Revolucionaria da Coruña. Nas eleccións de 1871 conseguiu a acta de deputado por Redondela nas Cortes Xerais, que volveu conseguir en 1873, deixando posteriormente o posto ao ser nomeado embaixador na China, Siam e Annam. A raíz das experiencias vividas no seu periplo oriental escribiu o libro Los países del Extremo Oriente.

O goberno revolucionario concedeulle a Cruz de Carlos III, que, porén, rexeitou. Coa Restauración borbónica de 1875 retirouse da vida política, fixando a súa residencia en Ourense, onde faleceu 21 anos despois.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los países del Extremo Oriente, 1883.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1868 o concello de Ourense púxolle o nome de rúa Pereira á antiga rúa del Concejo na súa honra.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]