Xoán I Lemixio, Exarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán I Lemixio ou Joannes Lemigius Thrax, finado en 615, foi exarca de Ravenna entre os anos 611 e 615.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xoán foi nomeado Exarca de Ravenna en 611, para substituír a Esmaragdo. Parece que evitou a guerra cos longobardos ao longo do seu reinado. En 615 foi asasinado durante unha sublevación, e foi sucedido por Eleuterio.

Exarcado de Ravenna

Segue a:
Esmaragdo
Xoán I Lemixio, Exarca
Precede a:
Eleuterio