Xoán Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Hermida
Director do Foro OBenComún
Coordinador Nacional Espazo Ecosocialista (2012-2015)
Datos persoais
Nacemento12 de novembro de 1965
 Pontevedra
OrganizaciónEn Marea
ProfesiónAnalista Político
Na rede
Dialnet: 3911314
editar datos en Wikidata ]

Xoán Hermida González, nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1965, é un historiador, activista social e político galego. Analista Político mantén unha colaboración periodica no xornal InfoLibre.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia Contemporánea e Posgrao en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xestión Pública pola USC cunha tese sobre Altermundismo en Galicia. Iniciou a súa actividade política en ERGA, posteriormente nos CAF e nos Comités Anti-Otan. Participando durante a mocidade no PCPG (e posteriormente en Iniciativa Democrática, coa que formou parte da coalición EU-UG nas eleccións ao Parlamento galego de 1993). Foi membro do Consello Confederal da CXTG, secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia (1997-1999).

Activista altermundista, foi director da ONG Amarante (1999-2007). Coordinador do Espazo Ecosocialista Galego entre febreiro de 2012 e xuño de 2015, sendo substituído por Manel Cardoso Santiago. Como responsable de Espazo Ecosocialista Galego participou na formación de Compromiso por Galicia e de AGE. Dende febreiro de 2016, dirixe o Foro OBenComún de pensamento crítico.[2]

Colaborador habitual de diferentes medios dixitais e en papel. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción da revista Altermundo.

Concorreu ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 no número sexto das listas de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, pero non resultou elixido. Posteriormente, en abril de 2018, e logo da dimisión do parlamentario Juan Merlo, pasou a formar parte do Parlamento de Galicia. Con todo, renunciou ao salario e a condición de parlamentario de maneira temporal, coa intención anunciada de dimitir definitivamente en canto En Marea puxera en marcha un proceso de consulta as persoas inscritas sobre o posible incumprimento do código ético por parte da deputada Paula Quinteiro.[3] Tras 12 días, e unha vez convocada por En Marea a consulta, presentou a súa renuncia diante da Mesa do Parlamento de Galicia.[4]

Nas eleccións internas de En Marea celebradas o 22 e 23 de decembro de 2018 resultou elixido membro do Consello das Mareas dentro da lista Coidando a Casa que encabezaba o portavoz de En Marea, Luís Villares. Foi designado responsable de análise político e estratéxico da Coordinadora de En Marea.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hermida, Xoán (2022-10-28). "Zarismo-Leninismo". infoLibre (en castelán). Consultado o 2023-02-06. 
  2. "Presentación". Foro OBenComún. Consultado o 2023-02-06. 
  3. "Xoán Hermida, Marea Pontevedra | CRTVG". www.crtvg.es. 
  4. "El Parlamento toma nota de la incorporación de Hermida como «diputado ausente» de En Marea". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-26. Consultado o 2018-04-26. 
  5. "A editorial Galaxia presenta "Galicia no labirinto da nova política, de nunca máis ás mareas", de Xoán Hermida - Asociación Galega de EDITORES". Asociación Galega de EDITORES. 2018-10-23. Consultado o 2018-11-10. 
  6. "Axenda de cultura de Galicia". 
  7. "Luís Villares e Xoán Hermida, entre os autores dun novo libro do foro OBenComún". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-02-06. 
  8. G, A. (2022-12-11). "Xoán Hermida aporta su visión a un libro sobre el movimiento pacifista". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]