Xirín común
| Xirín común | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Serinus serinus (Linneo, 1766) |
|||||||||||||||
|
Distribución xeográfica do verdecillo.
Verde: reside todo o ano Azul: só invernada Laranxa: só cría |
|||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
O xirín común (Serinus serinus), chamado xirín ou nabiñeiro[1] é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe por boa parte de Europa, norte de África e oeste de Asia. Non está ameazada e a súa poboación europea cífrase entre 8,3 e 20 millóns de parellas reprodutoras, o que equivalería a entre 24,9 e 60 millóns de individuos[2].
Índice |
Taxonomía [editar]
Foi descrito por Linneo en 1766 baixo o nome de Fringilla serinus.[3] É unha especie monotípica, é dicir, sen subespecies descritas,[4][5] aínda que algunhas fontes mencionan unha subespecie Serinus serinus flaviserinus.[3]
Descrición [editar]
É o máis pequeno dos frinxílidos, mide uns 11-12 cm. É un parente próximo ao canario. O manto e a cabeza son de cores parduscas mentres que o ventre é dunha forte cor amarela, en especial no macho (a especie presenta dimorfismo sexual).[6]
Distribución [editar]
O xirín reside na meirande parte de Europa, sendo unha especie residente na conca Mediterránea, mentres que no norte habita unicamente en época de cría. Aínda que a súa área de distribución orixínase ou dá comezo no Mediterráneo, o xirín estendeuse dende o norte de África até o sur de Europa, e mesmo pola Europa continental e Asia Menor. Foi nos séculos XIX e XX, cando o xirín comezou a ampliar a súa área de distribución pola Europa Central e Occidental, iniciando tamén a colonización do Oriente Medio. Hoxe día pode atoparse nos países bálticos, e no Oriente, localízase en Bielorrusia e Ucraína, espallando a súa distribución de forma xeral cara á costa do Mar Negro. A súa expansión cara ao sur deu lugar á instalación desta especie nas Illas Baleares, as Illas Canarias, as illas do Exeo, Chipre, así como no norte de Marrocos, Tunes, Alxeria e Exipto.
Notas [editar]
- ↑ Na@iñeiro, na base histórica de dicionarios galegos.
- ↑ Serinus serinus, na Lista vermella da IUCN de especies ameazadas, consultada en maio de 2011 sobre datos de 2004.
- ↑ 3,0 3,1 "Ficha do xirín". http://avibase.bsc-eoc.org/species.jsp?lang=É&ide=C6FAA71A3A174E05&ts=1227360667422&sec=summary. Consultado o 22 de xuño. "Avibase"
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". http://www.zoonomen.net/avtax/frame.html. Consultado o 22 de xuño de 2010.
- ↑ Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3". http://www.birds.cornell.edu/clementschecklist/clements%20Checklist%206.3.2%20December%202008.xls/view. Consultado o 22 de xuño de 2010.
- ↑ Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; e Grant, P.J. (2003). Guía de Campo das Aves de España e de Europa. ISBN 84-282-1218-X.
Ligazóns externas [editar]
- Identificación de sexos e idades no Atlas de Identificación das Aves de Aragón.