Xinwen Lianbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xinwen Lianbo (新闻联播) é un telexornal da CCTV que se emite desde 1978 e que ademais emiten a maioría das canles públicas rexionais e locais de China.

Características[editar | editar a fonte]

O informativo ten unha duración de trinta minutos, son dous os presentadores que saen en pantalla, un home e unha muller que falan nun mandarín formal e rico, emítese ás 19:00 en CCTV-1, CCTV News e unha canle rexional en cada provincia, ás 21:00 CCTV-News repíteo e máis tarde hai emisións dobradas nalgunhas linguas minorizadas como o tibetano ou o mongol, outras moitas emisoras locais e por cable emíteno a diferentes horas, é un dos programas informativos máis vistos do mundo, en 2007 estimábase en 135 millóns[1] só na súa emisión das 19:00.

Como en todos os informativos da República Popular China a orde das noticias está ditada pola súa importancia sociopolítica, así as novas referentes ao Presidente da República Popular van sempre en primeiro lugar, séguenlle os informes dos membros do Comité Permanente do Politburó do Partido Comunista Chinés. Algunhas resolucións importantes do PCCH ou do goberno lense enteiras despois dos titulares.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]