Xibutí - Djibouti
| جمهورية جيبوتي Yumhūriyyat Yībūtī République de Djibouti República de Xibutí |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xibutí é un pequeno país do nordés de África, antiga colonia francesa.
Índice |
Historia [editar]
A área de Xibutí ocúpase por varias etnias e está influída principalmente por dúas culturas: a etíope e a árabe, actualmente os afar ou "danaquiles" nos dous terzos setentrionais do territorio e a parcialidade somalí dos issa no terzo meridional coexisten conflitivamente neste pequeno estado. Estas etnias tiñan contactos comerciais regulares cós árabes dende tempos remotos e adoptaron o Islam coma a súa relixión.
No século XIX, Francia estableceu un protectorado nesta área, chamado a Somalia Francesa, gobernada por Léonce Lagarde. No ano 1967, o nome foi trocado ao de Territorio Francés dos Afars e Issas. O 27 de xuño de 1977, concedéuselle a independencia como Xibutí.
Unha guerra civil liderada por rebeldes afar nos primeiros anos 1990 foi detida por un acordo de paz en 1994.
Goberno [editar]
O xefe de estado de Xibutí é o presidente, que é elixido por un período de seis anos. O presidente nomea a un primeiro ministro e encabeza o consello de ministros.
O ente lexislativo está formado pola Chambre des Deputés, o cal consiste en 65 membros que son electos cada cinco anos.
Xeografía [editar]
Xibutí atópase no leste de África, bordeando o Golfo de Adén e o Mar Vermello entre Eritrea, Etiopía e Somalia.
O seu territorio é principalmente desértico e o seu clima moi cálido. O centro do país é montañoso e divide a Xibutí na planicie costeira e unha meseta no interior. O punto máis baixo é o Lago Assal (-155 metros), e o máis alto é Moussa Ali (2,028 metros). Os recursos naturais de Xibutí inclúen a enerxía xeotérmica. Non existen superficies de terra cultivable, irrigación ou colleitas permanentes, nin clase algunha de bosque. O 9% do país forma parte de terras de pastoreo permanente.
Organización político-administrativa [editar]
Xibutí está dividido en seis distritos ou cercles:
1. Arta
2. Ali Sabih
3. Dikhil
4. Cidade de Xibutí
5. Obock
6. Tadjoura
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Xibutí.
Demografía [editar]
A poboación está dividida en dous grupos principais, os Issa, o pobo somalí, que fan un 60% da poboación total, e os Afar, cerca do 35% do total. O resto está formado por europeos (maioritariamente franceses e italianos), árabes e etíopes. A presenza de dous grupos diferentes de poboación foi a causa da guerra civil nos primeiros anos 90.
Case toda a poboación de Xibutí é musulmá, só un pequeno porcentaxe é cristián, principalmente os europeos que alí residen.
|
||||||||
