Djibuti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xibutí")
جمهورية جيبوتي
Yumhūriyyat Yībūtī
République de Djibouti
República de Djibuti
Bandeira de Djibuti Emblema de Djibuti
Bandeira Emblema
Lema: Unité, Egalité, Paix
(francés: «Unidade, Igualdade e Paz»)
Himno nacional: Flag Song
 
LocationDjibouti.svg
 
Capital
 • Poboación
Djibuti
466.900 (2004)
Cidade máis poboada Djibuti
Linguas oficiais
Árabe e francés
Forma de goberno República semipresidencialista
Ismail Omar Guelleh
Dileita Mohamed Dileita
Independencia
 • Data
De Francia
27 de xuño de 1977
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 150º
23.000 km²
Desprezable
516 km
314 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 161º
476.703 (2005 est.)
21 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 168º
US$ 1.686 millóns.
US$ 1.957
IDH n/d
Moeda Franco xibutiano (DJF)
Xentilicio xibutiano, xibutiana
Fuso horario
 • en verán
UTC+3
UTC+3
Dominio de Internet .dj
Prefixo telefónico +253
Prefixo radiofónico J2A-J2Z
Código ISO 262 / DJI / DJ
Membro de: ONU, UA, Liga de Estados Árabes
Tódolos países do mundo

Djibuti,[1] ás veces escrito Xibutí,[2] é un pequeno país do nordés de África, antiga colonia francesa.

Historia[editar | editar a fonte]

A área de Djibuti ocúpase por varias etnias e está influída principalmente por dúas culturas: a etíope e a árabe. Actualmente os afar ou "danaquiles" nos dous terzos setentrionais do territorio e a parcialidade somalí dos issa no terzo meridional coexisten conflitivamente neste pequeno estado. Estas etnias tiñan contactos comerciais regulares cos árabes dende tempos remotos e adoptaron o Islam coma a súa relixión.

No século XIX, Francia estableceu un protectorado nesta área, chamado a Somalia Francesa, gobernada por Léonce Lagarde. No ano 1967, o nome foi trocado ao de Territorio Francés dos Afars e Issas. O 27 de xuño de 1977, concedéuselle a independencia como Djibuti.

Unha guerra civil liderada por rebeldes afar nos primeiros anos 1990 foi detida por un acordo de paz en 1994.

Goberno[editar | editar a fonte]

O xefe de estado de Djibuti é o presidente, que é elixido por un período de seis anos. O presidente nomea a un primeiro ministro e encabeza o consello de ministros.

O ente lexislativo está formado pola Chambre des Deputés, o cal consiste en 65 membros que son electos cada cinco anos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Djibuti atópase no leste de África, bordeando o Golfo de Adén e o Mar Vermello entre Eritrea, Etiopía e Somalia.

O seu territorio é principalmente desértico e o seu clima moi cálido. O centro do país é montañoso e divide Djibuti na planicie costeira e unha meseta no interior. O punto máis baixo é o Lago Assal (-155 metros), e o máis alto é Moussa Ali (2,028 metros). Os recursos naturais de Djibuti inclúen a enerxía xeotérmica. Non existen superficies de terra cultivable, irrigación ou colleitas permanentes, nin clase ningunha de bosque. O 9% do país forma parte de terras de pastoreo permanente.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Distritos de Djibuti
Mapa de Djibuti

Djibuti está dividido en seis distritos ou cercles:

1. Arta
2. Ali Sabih
3. Dikhil
4. Cidade de Djibuti
5. Obock
6. Tadjoura





Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Djibuti.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación está dividida en dous grupos principais, os Issa, o pobo somalí, que fan un 60% da poboación total, e os Afar, cerca do 35% do total. O resto está formado por europeos (maioritariamente franceses e italianos), árabes e etíopes. A presenza de dous grupos diferentes de poboación foi a causa da guerra civil nos primeiros anos 90.

Case toda a poboación de Djibuti é musulmá, só un pequeno porcentaxe é cristián, principalmente os europeos que alí residen.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para djibutiano.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 134. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf. 
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Djibuti