Xi Jiang - 西江
O Xi Jiang (literalmente « río do oeste »; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin ; transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito « Hsi Jiang ») é un río do sur da China, que ten un curso de 2.197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o Chang Jiang e o Huang He.
Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.
Índice |
Curso [editar]
O Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yúnnán, Guìzhōu e máis Guǎngxī, formando o se leito o límite entre esta última e a de Guǎngdōng. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara o oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no Mar da China Meridional.
O río das Perlas [editar]
Un dos brazos do seu tramo baixo, únese con o Dong Jiang ("río do leste") e con o Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o Mar da China Meridional.
[editar]
En numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.
Afluentes [editar]
Os máis importantes son:
Cidades importantes no curso [editar]
- Wuzhou (provincia de Guangxi)
- Zhaoqing (provincia de Guangdong)
- Gaoyao (provincia de Guangdong)
- Jiangmen (provincia du Guangdong)
Homónimos [editar]
Existe outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen.