Xi'an - 西安
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 34°16′N 108°54′E / 34.267°N 108.9°E
Xi'an (chinés: 西安, pinyin: Xī'ān, romanización antiga: Sian), en chinés "Paz Occidental") é unha cidade de China, na provincia de Shaanxi no val do Wei. Ten preto de 4.2 millóns de habitantes e é un centro industrial, comercial e turístico. Foi a capital de China ó longo de varias dinastias: Chin (255 a 206 AC), Han (202 AC a 25 DC) e Tang (618 a 907).