Xaxún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xexún")

Xaxún, ou xexún[1], é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).

O xaxún cristián ten a súa orixe na Biblia, practícano os católicos, os anglicanos, os ortodoxos e algunhas denominacións protestantes norteamericanas como a Igrexa Metodista Unida. As igrexas reformadas europeas critican o xaxún como algo puramente externo, sen relación coa salvación do individuo.

Os xudeus practican o xaxún durante sete días do seu calendario.

O xaxún tamén forma parte integral do hinduísmo aínda que está baseado en costumes locais ou crenzas persoais.

Os musulmáns practican o xaxún durante o mes de Ramadán, coa prohibición de comer, beber e ter practicas sexuais polo día.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Considerada forma menos recomendable polo DRAG