Xestación subrogada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A xestación subrogada comeza cunha inseminación artificial.

A xestación subrogada, maternidade subrogada ou, máis popularmente, aluguer de ventres ou de úteros, é o proceso polo que unha muller xesta e dá a luz un fillo proveniente da implantación no seu útero dun óvulo doutra muller fecundado in vitro.

Habitualmente a muller que quere ser nai e non pode selo por problemas de infertilidade ten a posibilidade de someterse a un tratamento de fecundación artificial. Estes tratamentos de procreación medicamente asistida non só asisten a matrimonios, senón tamén a mulleres solteiras e parellas heterosexuais e homosexuais. A xestación subrogada é a alternativa que se lles ofrece á aquelas mulleres ou parellas que, por calquera motivo, non desexen ou non poidan xestar ao seu bebé.

En varios países existe unha regulación xurídica detallada dos procesos de xestación subrogada. Na actualidade (2010) en España a lei vixente nesta materia é a 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de reprodución humana asistida, que non permite o chamado aluguer de ventres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]