Xesta molar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesta molar

Cytisus striatus
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Cytisus
Especie: C. striatus
Nome binomial
'Cytisus striatus'
(Hill) Rothm.
Subespecies

Cytisus striatus subsp. eriocarpus (Boiss. & Reuter) Rivas Mart.

A xesta molar ou xesta mansa[1] (Cytisus striatus) é unha especie de xesta (xénero Cytisus; familia das fabáceas) que medra en todo o occidente peninsular, incluíndo Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto de até 3 m, moi ramificado. Pólas con oito costelas moi marcadas, seríceas de novas, e case glabras de adultas. Follas trifoliadas ou simples; as dos talos vellos son pecioladas e as dos novos sentadas. Flores solitarias. Cáliz de seríceo a puberulento. Corola amarelo-pálida, con quilla falcada e glabra na parte superior. Androceo con dous estames máis longos. Estilo enrolado. Legume de oblonga a linear-oblonga , máis ou menos inflada, densamente pilosa, con indumento abrancazado.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Endemismo da metade occidental da Península Ibérica e do Norte de África, aínda que tamén se ten introducido noutros países coma Chile ou os Estados Unidos nos estados de California e Oregón onde é considerada unha maleza. Tense cultivado nos noiros e bermas das estradas, dende onde se ten asilvestrado nalgúns países europeos.

Medra sobre solos acedos nos clareiros de piñeirais e bosques de aciñeiras e sobreiras ou formando parte de piorneiras, xesteiras e matogueiras. Chega a formar matogueiras mestas en terreos silíceos e non demasiado secos mais de tendencia termófila, fuxindo das zonas altas e demasiado frías.

Importancia económica e cultural[editar | editar a fonte]

Moi apreciada coma combustíbel, sementábase nas leiras de centeo do occidente de Salamanca e se aproveitaba coma leña. Tamén se facían vasoiras fortes para varrer rúas. Empregábase asiduamente para cofeccionar os teitos das cabanas dos pastores, colmados de cortes e alpendres.[2]

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Números cromosomáticos de Cytisus striatus (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecificos: 2n=48[3][4]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Cytisus pendulinus L.f., Suppl. Pl. 328 (1782), nom. illeg.
  • Genista striata Hill, Veg. Syst. 13: 63, tab. 13 App. (1768)
  • Sarothamnus striatus (Hill) Samp. in Anais Fac. Ci. Porto 19: 87 (1934)
  • Cytisus boissieri Briq., Étud. Cytises Alpes Mar. 148 (1894)
  • Cytisogenista eriocarpa (Boiss. & Reut.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940)
  • Cytisus eriocarpus (Boiss. & Reut.) Rchb. & Beck in Rchb., Icon. Fl. Germ. Helv. 22: 15 (1867), nom. illeg., non Boiss.
  • Sarothamnus eriocarpus Boiss. & Reut., Diagn. Pl. Nov. Hisp. 10 (1842)
  • Cytisogenista patens (L.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940)
  • Sarothamnus patens (L.) Webb, Iter Hisp. 51 (1838)
  • Cytisus patens L., Syst. Veg. ed. 13 555 (1774)
  • Spartium patens L., Syst. Veg. ed. 13 535 (1774)
  • Verzinum patens Raf., Sylva Tellur. 23 (1838), nom. illeg.
  • Cytisus pendulinus var. eriocarpus (Boiss. & Reut.) Cout., Fl. Portugal 326 (1913)
  • Cytisus pendulinus var. welwitschii (Boiss. & Reut.) Cout., Fl. Portugal 326 (1913)
  • Spartium procerum Willd., Enum. Pl. Horti Berol. 743 (1809)
  • Cytisus procerus (Willd.) Link, Enum. Hort. Berol. Alt. 2: 241 (1822)
  • Genista tomentosa Poir. in Lam., Encycl. Suppl. 2: 719 (1812)
  • Cytisus welwitschii (Boiss. & Reut.) Rchb. & Beck in Rchb., Icon. Fl. Germ. Helv. 22: 15 (1867)
  • Cytisogenista welwitschii (Boiss. & Reut.) Rothm. in Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 49: 55 (1940)
  • Sarothamnus welwitschii Boiss. & Reut., Pugill. Pl. Afr. Bor. Hispan. 28 (1852)[4]

Nomes comúns[editar | editar a fonte]

  • Xesta molar, xesta mansa, xesta femia, xesta moura. Tamén recibe os nomes de xesta de vasoiras, xesta branca e xesta negra pero cómpre non confindila con outras especies da familia[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 VV. AA. (2012) e Vocabulario forestal, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
  2. Oria de Rueda, J.A.; Diez J (2003). Guía de árboles y arbustos de Castilla y León. Palencia:Cálamo. ISBN 84-95018-46-2. 
  3. Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós. Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 137-186 (1977).
  4. 4,0 4,1 "C. striatus(Hill) Rothm. in Feddes Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 53: 149 (1944)". Flora Ibérica (pdf) (en castelán). Real Jardín Botánico. pp. 163–165. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  5. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Greuter, W. et al. (Eds.) (1989) Med-Checklist Vol. 4 (published)
  • Heywood, V.H. & Ball, P.W. (1968) Leguminosae. In: Flora Europaea Vol. 2. ed. Tutin, T.G. et al.
  • Rothmaler, W. (1944) Feddes Repert. Vol. 53
  • Stace, C. (1991) New Flora of the British Isles. Cambridge Univ. Press
  • Parodi, L.R. (1987) Enciclop. Argentina de Agr. y Jard. (3rd Ed.) Acme: Buenos Aires
  • Barneby, R.C. (1977) Mem. New York Bot. Gard. 27: 1-891 Daleae Imagines
  • Hickman, J.C. (ed.) (1993) The Jepson Manual: Higher Plants of California. 1400pp.
  • Isely, D. (1998) Native & naturalized Leg. of the USA. Brigham Young Univ. Utah
  • Sampietro, A.R. & Vattuone, M.A. (1994) Phytochemistry 35: 841-845... S. welwitschii seed lectin
  • Domínguez, E. (1987) Pap. in Flora Vasc. de Andalucia Occ. Ketres, Barcelona
  • Polunin, O. & Smythles, B.E. (1973) Fls. of South-West Europe. Oxford Univ. Press

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Feddes Repertorium Specierum Novarum Regni Vegetabilis. Berlin 53:149. 1948
  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Data from 07-Oct-06]. [1]