Xesta (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo xesta pódese referir a:

Botánica[editar | editar a fonte]

  • Nome común de multitude de arbustos e gamallos que poden atoparse en Galicia, principalmente de dous xéneros:
  • Xénero Genista (coñecidos máis ben coma piornos):
    • Genista berberidea Lange, xesta das brañas, en terreos lamacentos, turbeiras, endémica galega e do norte de Portugal. Distinguible polas follas trifoliadas, alternas glaucas, co nervio medio moi marcado e rematado nun pincho, e cos dous folíolos laterais transformados en espiñas.
    • Genista triacanthos, tamén de brañas, turbeiras. Flores alaranxadas e numerosas espiñas magras de 0,4 a 2 cm.
    • Genista florida L., piorno, xesta pudia, xesta branca (non é branca)
    • Genista micrantha Ortega, sen espiñas, moi miúda, en prados e queiroais, flores amarelas en acios terminais.
    • Genista falcata, piorno falcata.
    • Genista tinctorea, xesta tintureira.
    • Genista hystrix, piorno espiñento.
    • Genista sanabrensis, miúdo piorno espiñento, endemismo dos montes de Zamora, León e Pena Trevinca en Galicia.
    • Genista anglica, na metade sur de Galicia, espiñenta nas súas pólas vellas pero sen espiñas nas máis novas, inflorescencias en acios curtos terminais de 5 a 15 flores sen peluxe, igual que os legumes.
    • Genista obtusiramea, xesta de montaña, por riba dos 1400 m, gamallo sen espiñas de até 1 m de altura, e gran número de nós marcando as follas caídas, flores amarelas con estandarte e froitos aveludados.
  • Nomes comúns:
    • Xesta branca, xesta coa flor branca; normalmente a especie Cytisus multiflorus. A especie Genista florida ten vaíñas con pelos brancos por iso tamén se lle chama xesta branca. Ás veces a especie Osyris alba;
    • Xesta negra, xesta negral , xesta coa flor amarela escura;
    • Xesta rubia, xesta coa flor amarela.
    • Xesta limesa, variedade de xesta coa flor amarela.

A formación de xestas denomínase xesteira ou xestal.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Ferramenta[editar | editar a fonte]

  • Xesta, utensilio para varrer, vasoira tradicional feita con feixes de xestas, buxo ou xibardas.

Fazaña[editar | editar a fonte]

  • Xesta, feito heroico, fazaña.

Peza[editar | editar a fonte]

  • Xesta, peza de madeira usada nos muíños para nivelar o pé.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]